Abrir o menú principal

Alfonso Alonso Aranegui, nado en Vitoria o 14 de abril de 1967, é un político español do Partido Popular. Foi alcalde de Vitoria entre 1999 e 2007, e deputado pola circunscrición de Áraba entre 2000 e 2001 e dende 2008. Entre 2008 e 2011 (IX Lexislatura) foi voceiro adxunto do PP no Congreso dos Deputados, e dende 2011 é o seu voceiro titular para a X Lexislatura do actual período democrático. En decembro de 2014 foi nomeado ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.[1]

Alfonso Alonso
Alfonso Alonso 2015 (cropped).jpg
Nacemento14 de abril de 1967
 Vitoria
NacionalidadeEspaña
Alma máterFacultade de Dereito (Universidade do País Vasco)
Ocupaciónpolítico e avogado
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Familia e formaciónEditar

Natural de Vitoria, procede dunha influente familia desta cidade. O seu avó materno, Manuel Aranegui y Coll, foi presidente da Deputación de Áraba entre 1957 e 1966, durante a Ditadura franquista. A súa familia paterna provén en parte de Donostia, Alfonso Alonso é, sobriño-neto, entre outros, dos tenistas José María Alonso Areyzaga e Manuel Alonso de Areyzaga, así como de Asis Alonso Areyzaga, que foi tamén tenente-alcalde de Donostia. O seu pai, Ramón Alonso Verástegui, é pintor e reside en Tenerife dende 1975. Está casado e ten catro fillos.

Alfonso Alonso é licenciado en filoloxía románica e en dereito, e exerceu profesionalmente como avogado. En 1996 entrou no concello da súa cidade natal como concelleiro.

Alcalde de VitoriaEditar

Nas eleccións municipais de 1999 a súa candidatura foi a máis votada, de modo que accedeu á alcaldía. En 2000 encabezou a lista do seu partido por Áraba, pero en 2001 renunciou para centrarse no seu labor como alcalde. En 2003 volveu gañar as eleccións municipais. En 2007 a lista máis votada no concello de Vitoria foi a de Patxi Lazcoz do PSE-EE, que foi investido alcalde ao non presentar ningún partido (incluíndo o PP) candidato alternativo.

Deputado no Congreso e MinistroEditar

Encabezou de novo a lista do PP por Áraba nas eleccións xerais de 2008, formando parte da dirección do grupo parlamentario popular no Congreso dos Deputados. Repetiu nas eleccións xenerais de 2011 e obtivo a vitoria na circunscrición de Áraba.

O 12 de decembro de 2011 foi proposto por Mariano Rajoy como voceiro do grupo popular no Congreso dos Deputados para a X Lexislatura,[2] cargo que desempeñou dende o 13 de decembro dese mesmo ano. Tras a dimisión de Ana Mato como ministra de Sanidade polo caso Gürtel, o 3 de decembro de 2014 foi nomeado polo presidente Rajoy para substituíla nese posto.[3]

Cargos desempeñadosEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Predecesor:
José Ángel Cuerda
 
Alcalde de Vitoria

1999-2007
Sucesor:
Patxi Lazcoz
Predecesor:
Ramón Rabanera
 
Presidente do PP de Áraba

2008-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Soraya Sáenz de Santamaría
 
Voceiro dp Grupo Popular no
Congreso dos Deputados de España

2011-2014
Sucesor:
Rafael Hernando
Predecesor:
Ana Mato
 
Ministro de Sanidade, Servizos
Sociais e Igualdade de España

2014-actualidade
Sucesor:
No cargo