María Luisa Carcedo
María Luisa Carcedo Roces, nada en Santa Bárbara o 30 de agosto de 1953, é unha médico e política española do PSOE.[1][2] Foi ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social do Goberno de España dende setembro de 2018.[3] Ademais, foi secretaria de Sanidade da Comisión Executiva Federal do PSOE.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1953 (71 anos) Santa Bárbola, España |
Councillor of State (en) | |
marzo de 2023 – | |
Deputada de España | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 3 de decembro de 2019 – Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Asturias | |
Deputada de España | |
14 de maio de 2019 – Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias | |
Minister of Health, Consumer Affairs and Welfare (en) | |
11 de setembro de 2018 – 13 de xaneiro de 2020 ← Carmen Montón – Alberto Garzón, Salvador Illa, Pablo Iglesias Turrión → | |
1ª High Commissioner for the Fight against Child Poverty (en) | |
21 de xuño de 2018 – 12 de setembro de 2018 ← sen valor – Pau Marí-Klose → | |
Deputada de España | |
5 de decembro de 2011 – 25 de setembro de 2015 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Deputada de España | |
26 de marzo de 2008 – 21 de abril de 2008 – Hugo Alfonso Morán Fernández → Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias Electa en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Deputada de España | |
26 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias Electa en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política, médica |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Premios | |
Traxectoria
editarÉ licenciada en medicina e cirurxía pola Universidade de Oviedo e diplomada en medicina de empresa.[4][2] Comezou a súa actividade profesional en Atención Primaria de Saúde dende 1978 até 1984, e dende 1995 está destinada no Centro de Saúde do Natahoyo, en Xixón.
Actividade política
editarVinculada ó PSOE dende moi nova, comezou a desempeñar cargos de responsabilidade política en 1984, como directora sectorial de Ambulatorios na área Sanitaria do Val do Nalón, cargo que mantivo até que en 1988 foi nomeada directora rexional de Saúde Pública do Goberno do Principado de Asturias presidido por Pedro de Silva.[5][4]
Nas eleccións autonómicas de 1991 formou parte da candidatura do PSOE á Xunta Xeral do Principado, resultando elixida deputada (III lexislatura).[4] Ademais, entre 1991 e 1995, foi conselleira de Medio Ambiente e Urbanismo dos Gobernos de Asturias presididos por Juan Luís Rodríguez-Vigil e Antonio Trevín.[6]
Revalidou o seu escano de deputada autonómica nas eleccións de 1995 (IV lexislatura), 1999 (V lexislatura) e 2003 (VI lexislatura).[4] Foi, ademais, a voceira do Grupo Parlamentario Socialista na XXPA durante a V lexislatura, e dende a constitución da cámara en VI lexislatura até que renunciou ó seu escano, para formar parte da candidatura do PSOE ó Congreso dos Deputados nas eleccións xerais dese ano.[4] Foi elixida deputada no Congreso, e revalidou o seu escano nas eleccións de 2008, aínda que tivo que renunciar ó mesmo ó aceptar a proposta da entón ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, de facerse cargo da Axencia Estatal de Avaliación de Políticas Públicas, cargo que desempeñou até as eleccións xerais de 2011, nas que revalidou de novo o seu escano no Congreso.[1]
Tralo Congreso Extraordinario celebrado polo PSOE en xullo de 2014, pasou a formar parte da Comisión Executiva Federal do partido como secretaria de Benestar Social, renunciando á Secretaría de Economía, Emprego e Sostibilidade que até entón desempeñaba na Comisión Executiva da FSA-PSOE.[7]
En setembro de 2015, foi designada senadora autonómica polo Principado de Asturias e secretaria xeral do Grupo Socialista no Senado.[8] En febreiro de 2016 foi unha das persoas de confianza elixidas por Pedro Sánchez para a negociación con outras forzas políticas con obxecto de acceder á xefatura de goberno.[9]
Tras apostar por Pedro Sánchez nas primarias de 2017, este outorgoulle o cargo de secretaria executiva de Sanidade e devolveulle o cargo quitado pola xestora e que xa desempeñara con anterioridade, o de número dous dos Socialistas no Senado e secretaria xeral nesta cámara.
Tras a chegada de Sánchez ó Goberno de España, Carcedo foi nomeada alta comisionada para a loita contra a pobreza infantil en xuño de 2018, cargo que ocupou até que foi ascendida a ministra de Sanidade[10] en setembro dese mesmo ano trala dimisión de Carmen Montón polas irregularidades publicadas en relación ós seus estudos de máster.[11][12] Prometeu o seu cargo o 13 de setembro.[13]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Congreso dos Deputados. "Ficha de Diputada. María Luisa Carcedo Roces". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2018. Consultado o 3 de xullo de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 PSOE. "María Luisa Carcedo Roces". Consultado o 11 de setembro de 2018.
- ↑ "María Luisa Carcedo, nueva ministra de Sanidad". El País. 11 de setembro de 2018. ISSN 1134-6582. Consultado o 11 de setembro de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Xunta Xeral do Principado de Asturias. "Ficha de Diputada. María Luisa Carcedo Roces". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2010. Consultado o 3 de xullo de 2011.
- ↑ Avance Socialista.com. "Perfil". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 3 de xullo de 2011.
- ↑ Junta General del Principado de Asturias. "Consejos de Gobierno de Asturias, desde 1982" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de setembro de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2011.
- ↑ "Francisco Blanco y Elsa Pérez asumen cargos de Carcedo y Lastra en la FSA". La Nueva España. 29 de xullo de 2014. Consultado o 27 de agosto de 2014.
- ↑ "Ficha del Senador". Consultado o 21 de xuño de 2018.
- ↑ Díez, Anabel (3 de febreiro de 2016). "Sánchez elige un equipo moderado para negociaciones difíciles". El País. Consultado o 3 de febreiro de 2016.
- ↑ "María Luisa Carcedo, nueva ministra de Sanidad, Consumo y Bienestar Social". eldiario.es (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2018.
- ↑ "Luisa Carcedo dirigirá el Alto Comisionado contra la pobreza infantil que dependerá de Pedro Sánchez". eldiario.es (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2018.
- ↑ Cué, Carlos E. (12 de setembro de 2018). "Montón dimite por las irregularidades de su máster pese al apoyo de Sánchez". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 12 de setembro de 2018.
- ↑ "Carcedo toma posesión como ministra de Sanidad comprometida con la "justicia social"". RTVE. 13 de setembro de 2018.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Luisa Carcedo |