Carmen Montón
Carmen Montón Giménez, nada en Burjassot (Valencia) o 9 de marzo de 1976,[1] é unha política española, membro do PSOE e exministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social do Goberno de España. É defensora da sanidade pública e universal.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carmen Montón Giménez 9 de marzo de 1976 (48 anos) Burjassot, España |
Minister of Health, Consumer Affairs and Welfare (en) | |
7 de xuño de 2018 – 11 de setembro de 2018 ← Dolors Montserrat – María Luisa Carcedo → Gabinete ministerial: Primeiro Goberno de Pedro Sánchez Nomeado por: Pedro Sánchez | |
16ª Minister of Universal Healthcare and Public Health (en) | |
29 de xuño de 2015 – 6 de xuño de 2018 ← Manuel Llombart Fuertes (pt) – Ana Barceló Chico (en) → Lexislatura: IX Legislatura de la Comunidad Valenciana (en) Gabinete ministerial: Puig Government (en) Nomeado por: Ximo Puig | |
Deputada de España | |
5 de decembro de 2011 – 30 de xuño de 2015 – Josep Santamaría (pt) → Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Valencia Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Deputada de España | |
26 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Valencia Electa en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Deputada de España | |
30 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Valencia Electa en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
City councillor of Burjassot (en) | |
4 de xullo de 1999 – 14 de marzo de 2004 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Valencia Universidade Rei Xoán Carlos |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Premios | |
Traxectoria
editarLicenciada en Medicina pola Universidade de Valencia, aínda que non chegou nunca a exercer[2] e máster en Estudos Interdisciplinares de Xénero, pola Universidade Rei Xoán Carlos. Afiliouse aos 16 anos ás Xuventudes Socialistas de España (XSE), organización á que pertenceu ata 2007.
Montón foi concelleira de Cultura no concello da súa localidade natal, Burjassot, de 1999 a 2004. Durante esta etapa tamén foi Secretaria de Movementos Sociais e ONG no PSPV-PSOE (2000-2004). Entre o 2 de abril de 2004 e o 30 de xuño de 2015 foi deputada no Congreso pola provincia de Valencia.
Entre 2014 e 2016 foi Secretaria de Igualdade do PSOE. Desde xuño de 2015 ata 2018 foi conselleira autonómica de Sanidade Universal e Saúde Pública da Generalitat Valenciana, no goberno de Ximo Puig. Durante o seu mandato tomou diversas medidas de relevancia política como o retorno á xestión pública do Hospital de la Ribera, hospital emblemático do coñecido como modelo Alzira, desde abril de 2018; a devolución do dereito á sanidade aos inmigrantes irregulares; a compensación do copago farmacéutico aos xubilados e o retorno aos tratamentos de reprodución a lesbianas e mulleres soas.[2]
O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy. O 11 de setembro dese ano presentou a súa dimisión logo de coñecerse un posible plaxio no seu traballo de fin de mestrado [3], e foi substituída por María Luisa Carcedo.
Predecesor: Dolors Montserrat Montserrat (Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade) |
Ministro de Sanidade, Consumo e Benestar Social de España 2018 |
Sucesor: María Luisa Carcedo |
Notas
editar- ↑ "Montón Giménez, Carmen". congreso.es. Consultado o 13-09-2018.
- ↑ 2,0 2,1 Zafra, Ignacio (11-09-2018). "Carmen Montón, la ministra que en 100 días recuperó la sanidad universal". elpais.com. Consultado o 13-09-2018.
- ↑ "La ministra Carmen Montón copió en 19 páginas de su TFM de artículos publicados en Internet" eldiario.es, 11 de setembro de 2018
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carmen Montón |