Paseo do Prado
Coordenadas: 40°24′51″N 3°41′37″O / 40.41417, -3.69361
O paseo do Prado é o xardín histórico urbano máis antigo de Madrid, declarado Ben de interese cultural e un dos seus paseos máis importantes e coñecidos. Articúlase segundo un eixe norte-sur, dende a praza de Cibeles ata a praza do Emperador Carlos V, popularmente coñecida como glorieta de Atocha. Á metade do seu percorrido conflúe coa praza da Lealdade e coa praza de Cánovas del Castillo, onde se sitúa a fonte de Neptuno.
Paseo del Prado e Buen Retiro, unha paisaxe de artes e ciencias | |
---|---|
Paseo do Prado | |
Localización | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Localización | Madrid |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV, VI |
Inscrición | 2021 (44ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1618 |
Xunto cos paseos da Castellana e Recoletos, que se estenden ao norte, conforma un dos principais eixes viarios da cidade, ao conectar a zona setentrional desta coa meridional.
No terreo cultural, o paseo do Prado alberga un dos principais focos museísticos de España. Nel sitúanse os museos do Prado e Thyssen-Bornemisza e nas súas inmediacións áchase o Centro de Arte Raíña Sofía, promovidos turisticamente baixo a denominación de Paseo ou Triángulo da Arte.
Neste paseo tamén se encontran diferentes monumentos e recintos de interese histórico-artístico, levantados no século XVIII dentro do proxecto urbanístico do Salón do Prado, ademais de numerosos motivos ornamentais e paisaxísticos. Destacan o Edificio Villanueva, sede principal do Museo do Prado, o Real Xardín Botánico e os conxuntos escultóricos das fontes de Neptuno, Cibeles e Apolo.
Galería de imaxes
editar-
Pintura de 1637, de Jusepe Leonardo
-
Salón do Prado
-
Edificio Villanueva do Museo do Prado
-
Xardín vertical do centro CaixaForum Madrid
-
Palacio de Comunicaciones
-
Edificio do Banco de España
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paseo do Prado |