Museo Thyssen-Bornemisza
O Museo Thyssen-Bornemisza é unha pinacoteca de mestres antigos e modernos situada en Madrid (España). A súa existencia débese ao acordo de arrendamento (1988) e á posterior adquisición, por parte do Goberno español (1993), do núcleo máis valioso da colección privada reunida ao longo de sete décadas pola familia Thyssen-Bornemisza. Este fondo artístico achegou numerosos exemplos de pintores estranxeiros ausentes dos museos españois, desde o gótico dos séculos XIV e XV (Duccio, Jan van Eyck) ata o pop art e os anos 1980 (Roy Lichtenstein, Lucian Freud), polo que veu a complementar o repertorio exposto nos dous principais centros estatais, o Museo do Prado e o Raíña Sofía. A apertura do Museo Thyssen-Bornemisza en 1992 deu lugar, ao unirse a estes dous museos, ao chamado Triángulo da Arte do paseo del Prado, área museística de Madrid que concentra o acervo pictórico máis importante de España.
Museo Thyssen-Bornemisza | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | museo de arte e museo ![]() | |||
Epónimo | Família Thyssen-Bornemisza (pt) ![]() ![]() | |||
Sede | Palace of Villahermosa (en) ![]() ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
Concello | Madrid ![]() | |||
Localización | Palace of Villahermosa (en) ![]() ![]() | |||
Código postal | 28014 ![]() | |||
Enderezo | P.º del Prado, 8 ![]() | |||
Visitas | ||||
Prezo de acceso | 13 €, 9 € e 0 ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1992 ![]() | |||
Inauguración | 1992 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
reclamación de restitución dunha obra de arte ![]() | ||||
Persoas e organizacións | ||||
Fundador/a | Baron Hans Heinrich Thyssen-Bornemisza e Heinrich Thyssen-Bornemisza (baron) (pt) ![]() ![]() | |||
Arquitecto/a | Rafael Moneo ![]() | |||
Visitantes anuais | 671.078 ![]() | |||
Composto por | ||||
Composto por
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | museothyssen.org ![]() | |||
Teléfono | +34 917 91 13 70 ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A institución, xestionada por unha fundación baixo control público, ten a súa sede nun edificio histórico, o Palacio de Villahermosa, onde exhibe o groso da súa colección: máis de 700 obras (outras sesenta expóñense en depósito no MNAC de Barcelona). Grazas a un anexo sumado en 2004 ampliou a súa exhibición cunhas 240 pezas máis, prestadas por Carmen Cervera, viúva do barón Thyssen. Paralelamente, o museo alberga múltiples exposicións temporais.
Segundo The Art Newspaper, baseándose en datos facilitados polos propios museos, en 2013 o Thyssen foi o quinto museo máis visitado en España, con 944.827 visitantes, situándose no posto número 61 do seu ránking dos 100 museos de arte máis visitados do mundo.[1]
Notas
editar- ↑ (en inglés) Visitor Figures 2013. Vol. XXIII, No. 256. April 2014, pág. 15. The Art Newspaper. Consultado o 8 de decembro de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo Thyssen-Bornemisza |
Ligazóns externas
editar- Web oficial (en castelán)