Corporación Voz de Galicia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O Corporación Voz de Galicia (anteriormente Grupo Voz) é un grupo galego de medios de comunicación entre os que se encontran La Voz de Galicia, Voz Galicia Radio, Voz Audiovisual e Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
Corporación Voz de Galicia | |
---|---|
![]() | |
Sede | polígono industrial de Sabón |
País | Galicia |
Na rede | |
https://corporacionvoz.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Grupo Voz creou a publicación La Voz de Galicia,{{cómpre referencia} en mans de Santiago Rey. En radio iniciouse con Antena 3 Radio, pero posteriormente constituíu a canle Radio Voz con arredor de trinta emisoras. Ten a empresa de produtoras Video Voz, e Tele Voz para televisións locais en Vigo, Santiago de Compostela, Lugo e A Coruña.
Compoñentes editar
En 1998 creou a sociedade Atlas Galicia xunto con Gestevisión Telecinco para a creación de axencias de información audiovisual. Nese mesmo ano chegou a un acordo con Telefónica para explotar a televisión por cable en Galicia.
A Corporación Voz de Galicia integra, ademais de La Voz de Galicia a La Voz Galicia Radio, Voz Audiovisual e Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Ata 2007 tamén pertencía á corporación El Diario de León, pero foi vendido a Begar.
No penúltimo consello de ministros do Goberno en funcións, Manuel Fraga adxudicou dúas emisoras autonómicas de televisión á COPE e ó Grupo Voz.