Mediaset España

(Redirección desde «Gestevisión Telecinco»)

Mediaset España Comunicación, S.A. é un grupo empresarial español, creado en marzo de 1989, cuxa actividade céntrase, esencialmente, na produción e exhibición de contidos televisivos. En 2012 opera as canles de televisión Telecinco, Cuatro, LaSiete, FactoríaDeFicción, Boing, Divinity, Energy, Nueve e Telecinco HD, esta derradeira é o sinal en alta definición de Telecinco.

Mediaset España
MediasetEspaña.svg
Sede de Mediaset España (Madrid) 01.jpg
Tiponegocio e empresa
Data de fundación10 de marzo de 1989
Fundador(es)Silvio Berlusconi
Presidente/aBorja Prado Eulate (pt) Traducir (-)
Organización matrizMFE - MediaForEurope
Organización subsidiariaAxencia Atlas, sen etiquetar e Telecinco Cinema
SedeMadrid
PaísEspaña
Na rede
https://www.mediaset.es/
Facebook: mediasetcom Twitter: mediasetcom Instagram: mediasetcom LinkedIn: mediaset-espa-a Youtube: UC3hQI9c_MZPSDWNLF05OQGQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O grupo posúe varias empresas do sector, coma a axencia de noticias Atlas, a xestora de publicidade Publiespaña ou a produtora audiovisual de cine e televisión Telecinco Cinema. Do mesmo xeito, posúe o 22% de Canal+ e, xunto con Mediaset, o 75% de Endemol.

Os accionistas maioritarios de Mediaset España son: Mediaset Investimenti, cun 41,6% do capital e o Grupo PRISA cun 17,3%.

O 11 de marzo do 2011, trala compra de Cuatro e a creación de novos canles, a empresa informou á CNMV que, na Xunta de Accionistas, modificaríase a denominación social da compañía dende Gestevisión Telecinco a Mediaset España.

O grupo Mediaset España, é o maior grupo televisivo de España no canto á audiencia (26,8%, abril de 2012 FormulaTV) e no canto ó número de canles.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar