Comisión Nacional do Mercado de Valores

A Comisión Nacional do Mercado de Valores, coñecido abreviadamente polas siglas CNMV (en castelán, Comisión Nacional del Mercado de Valores) é un organismo dependente da Secretaría de Estado de Economía y Apoyo a la Empresa do Ministerio de Economía. Fundado en 1988, é o encargado da supervisión dos mercados de valores en España.

Comisión Nacional do Mercado de Valores


Tipoórgão público (pt) Traducir, financial regulatory agency (en) Traducir e autoridade de registro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Presidente/aCarlos San Basilio Pardo (xaneiro de 2024-) Editar o valor en Wikidata
Entidades
MatrizSecretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1988 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 40°26′23″N 3°40′49″O / 40.439602, -3.680315
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid
ConcelloMadrid Editar o valor en Wikidata
SedeQ28860511 Traducir e Paseo de Gràcia Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBcnmv.es… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Obxectivo e funcións

editar

O seu obxectivo é velar pola transparencia destes mercados e a correcta formación de prezos nos mesmos, así como a protección dos investidores. No exercicio destas competencias recibe un importante volume de información, gran parte da cal está contida nos seus rexistros oficiais e é de carácter público.

A acción da CNMV como órgano de control céntrase principalmente sobre:

  • as sociedades que emiten valores para seren colocados de forma pública no mercado primario,
  • os mercados secundarios de valores,
  • as empresas que prestan servizos de investimento e as institucións de investimento colectivo.

Sobre eles a Comisión exerce unha supervisión de carácter prudencial buscando garantir a seguridade das súas transaccións e a solvencia do sistema. Tamén a través da Axencia Nacional de Codificación de Valores, asigna o código ISIN con validez internacional a todas as emisións de valores que se realizan en España.

Presidentes da CNMV

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar