Juan Fernández-Armesto Fernández-España

avogado e economista español de orixe galega

Juan Fernández-Armesto Fernández-España, nado en Nova York (Estados Unidos de América) o 2 de xaneiro de 1953, é un avogado e xurista español de orixe galega.

Juan Fernández-Armesto Fernández-España
Nacemento2 de xaneiro de 1953
Lugar de nacementoNova York
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Pontificia Comillas
Ocupaciónavogado e economista
PaiAugusto Assía
NaiMaría Victoria Fernández-España
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Augusto Assía (Felipe Fernández Armesto) e Victoria Armesto (María Victoria Fernández-España y Fernández-Latorre), cursou o bacharelato en Bonn (Alemaña) e en Madrid. Realizou os seus estudos universitarios no ICADE de Madrid, licenciándose en Dereito en 1977 e en Ciencias Empresariais en 1978. En 1983 obtivo ou título de doutor en Dereito na Universidade Autónoma de Madrid. Impartiu clases de Dereito Mercantil na Universidade Pontificia de Comillas-ICADE desde 1978 como profesor adxunto e, despois, profesor agregado, sendo nomeado en 1988 catedrático da mencionada disciplina en dita Universidade, posto no que continuou até o ano 2009.[1]

É membro do Colexio de Avogados de Madrid, do International Bar Association (Colexio de Avogados Internacional), da London Court of International Arbitration (LCIA), do Deutsche Institution für Schiedsgerichtsbarkeit e.V. (DIS) (Institución alemá de Arbitraxe) e do Institut pour l'Arbitrage Internationale (IAI), cofundador do Club Español de Arbitraxe, do que desde marzo de 2009 é vogal da súa xunta directiva,[2]; ademais, o Comité español da Cámara de Comercio Internacional (CCI) designouno representante español na Comisión de Arbitraxe de dita Cámara.

En outubro de 1996 foi designado polo Consello de Ministros de España presidente da recentemente creada Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV),[3] cesando o ano 2000, ao rematar o seu mandato regulamentario.[4]

Está en posesión da Gran Cruz da Orde de Isabel la Católica.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar