María Victoria Fernández-España

xornalista, escritora e política galega
(Redirección desde «Victoria Armesto»)

María Victoria Fernández-España y Fernández-Latorre, nada na Coruña o 12 de xuño de 1925 e finada en Madrid o 11 de xuño de 1999, foi unha xornalista, escritora —coñecida nestes ámbitos polo pseudónimo de Victoria Armesto— e política galega, deputada pola provincia da Coruña desde 1977 até 1986.

Modelo:BiografíaMaría Victoria Fernández-España
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1925 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xuño de 1999 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputada de España
11 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputada de España
20 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputada de España
8 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Datos persoais
Outros nomesVictoria Armesto
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, xornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAlianza Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeAugusto Assía Editar o valor en Wikidata
FillosJuan Fernández-Armesto Fernández-España Editar o valor en Wikidata
PaisJosé Fernández-España Vigil Editar o valor en Wikidata  e María Victoria Fernández-Latorre Editar o valor en Wikidata
ParentesSantiago Rey Fernández-Latorre, stepbrother Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1001876 BUSC: armesto-victoria-1925-1999

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Victoria Armesto era filla de María Victoria Fernández-Latorre (filla do político liberal e fundador do xornal La Voz de Galicia Juan Fernández Latorre) e do enxeñeiro José Fernández-España Vigil, que faleceu cando ela tiña dous anos. A compañía de teatro Chévere adicou unha das súas obras á morte do seu pai e á súa influencia na chegada do ferrocarril a Galicia.[1] Estudou o bacharelato no instituto da Coruña e no Colexio de Santa Isabel de Madrid. En 1945 comezou os seus estudos de xornalismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, graduándose en 1949.

Xornalista

editar

Durante o seu período de formación na Escola de Xornalismo xa colaborara en La Voz de Galicia, onde chegou a entrevistar a Gala Murguía, filla de Rosalía de Castro. A pesar de cultivar a crónica social, e por momentos costumista, tamén se arriscou con pezas de carácter político. Aínda co ditador Francisco Franco vivo, Victoria Armesto atreveuse, por exemplo, a poñer en valor a Castelao, que para ela expresaba "a saudade dos emigrados pola terra lonxana e endexamais esquecida". Noutros artigos tamén defendeu o galego, a lingua propia de Galicia, ás veces para defender o seu uso —"Acerca de la conveniencia de hablar gallego", titulou unha das súas columnas— e outras para reprobar ao franquismo polo seu desprezo dos valores culturais e de idiomas como o galego. Na súa formación foi determinante o seu paso profesional por diferentes países. Un parágrafo dun dos seus artigos é máis que revelador: "A diferenza entre a falsa moral do franquismo e os principios democráticos acusábase para aqueles españois que, como era o noso caso, vivimos longas décadas nos Estados Unidos, Inglaterra e Alemaña. Nestes países, España e o seu peculiar sistema eran obxecto de constante crítica".[2]

Comezou a publicar de xeito regular en La Voz de Galicia en 1949, polo xeral baixo o título "Madrid". Tratábase de crónicas urbanas e costumistas. Pero pronto cambiaría a súa vida e o seu traballo, baixo o común denominador do xornalismo. En 1950 casa con Felipe Fernández Armesto (Augusto Assía), e o seu matrimonio proxectouna decididamente cara ao mundo da prensa. Foi correspondente de La Voz de Galicia nos EUA, enviando tamén crónicas ao diario Pueblo de Madrid e á revista Semana.

Naceu rodeada de xornalistas e creceu con xornalistas. Até en parella. Ao xornalista ourensán coñeceuno por mor de facerlle unha entrevista. María Victoria e Felipe casaron o 15 de agosto de 1950, no pazo familiar de Miraflores. Desde entón, María Victoria asinou os seus artigos e libros como Victoria Armesto. Nese ano foron vivir a Nova York; as súas crónicas para La Voz de Galicia chegaron, primeiro, baixo o título de "Carta de Nueva York" e, posteriormente, co de "Carta de América".

Outros medios nos que pronto comezou a publicar foron o diario madrileño Pueblo e a revista Semana.

Escritora

editar

En 1969, coa publicación de Galicia Feudal, o seu nome entrou no campo da divulgación histórica. Segundo Carlos Fernández,[3] "cando Fernando Sánchez Dragó publicou Gárgoris y Habidis, una historia mágica de España, que obtivo o Premio Nacional de Literatura e vendas millonarias, ninguén parou a pensar que nove anos antes se editara Galicia Feudal de Victoria Armesto, onde, coa mesma erudición e superior estilo, a escritora e periodista coruñesa facía unha interpretación cosmolóxica da súa terra e poñía a historia ignorada e remota ao alcance de todos".

E Isaac Díaz Pardo engadiu: "Xa desde antes do seu matrimonio con Felipe Armesto, comezou a interesarse por un mundo que daquela se prohibía: o dos homes que entendían a restauración do feito diferencial de Galicia como unha esperanza; e foi buscando a información, tan cara de obter, sobre este mundo que subxacía marxinado, desterrado, logo dunha gran derrota".

Froito destes coñecementos nacerían libros como Los hijos cautivos de Breogán. El rastro de Castelao en América,[4] ou Los liberales coruñeses. En todos estes libro zumega o espírito liberal que encarnou María Victoria.

Política

editar

Aínda que nunca militara en política, nas eleccións xerais do 15 de xuño de 1977, e por requirimento de Alianza Popular, presentou a súa candidatura ao Congreso dos Deputados como cabeza de lista pola provincia da Coruña, resultando elixida, igualmente que nas sucesivas eleccións de 1977, 1979 e 1982.

Foi vicepresidenta da Cámara Baixa nas dúas primeiras lexislaturas, e secretaria segunda tras ser elixida deputada nas eleccións de 1982, ademais de presidenta provincial de AP na Coruña.

En 1986 anunciou o seu abandono do partido e o seu pase ao Grupo Mixto da Cámara, en desacordo coa postura abstencionista de AP ante o referendo sobre a permanencia de España na OTAN de 12 de marzo de 1986, consulta para a que pediu o "si" ao considerar que "a abstención é equivalente a un non á OTAN e, en consecuencia, a un non a Europa".[5] Nos comicios de 1986 non figurou en ningunha lista electoral, continuando dedicada ao seu labor xornalístico. En 1988 foi designada vicepresidenta do Consello de Administración de La Voz de Galicia.

Faleceu o 11 de xuño de 1999 en Madrid.

  • Historias de Nueva York. Ediciones G.P. Enciclopedia Pulga nº. 67. Barcelona, 1955.
  • Dos gallegos: Feijóo y Sarmiento. Imprenta Moret. A Coruña, 1964.[6]
  • Galicia Feudal. Editorial Galaxia. Vigo, 1969.[7]
  • Verbas galegas. Editorial Galaxia. Vigo, 1973.[8]
  • Herminia. La Voz de Galicia. A Coruña, 1976.[9] ISBN 84-400-9785-9.
  • Los hijos cautivos de Breogán. Ediciós do Castro. Sada. ISBN 84-7492-297-6.
  • Tradición y Reforma en la Vieja Coruña. Deputación da Coruña A Coruña, 1987.[10] ISBN 84-86040-25-6.
  • Apuntes para una historia del periodismo coruñés. Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. A Coruña, 1991
  • Los liberales coruñeses. Concello da Coruña. A Coruña, 1996. ISBN 84-86836-57-3.
  • La cocina sentimental. Casa Grande de Xanceda. A Coruña, 2024. ISBN 978-84-09-58124-5[11]

Recoñecementos e distincións

editar

Fillos

editar

Juan Fernández-Armesto Fernández-España, que foi presidente da Comisión Nacional do Mercado de Valores desde 1996 a 2000.

  1. "A 'Curva España' de Chévere: como se constrúe un país". Erregueté. 3/6/2019. Consultado o 20/10/2019. 
  2. Periodistas con opinión: Victoria ArmestoJosé Luís Gómez, El País (España), 20 de maio de 2011, arquivado dende o orixinal 10 de xullo de 2012.
  3. Fernández Santander, Carlos (2000): Victoria Armesto: escritora, periodista y política.
  4. Victoria Armesto (1986): Los hijos cautivos de Breogán. El rastro de Castelao en América. O Castro-Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-297-6.
  5. "Fernández-España votará 'sí'.". El País (en castelán). 1986-03-02. ISSN 1134-6582. Consultado o 3/2/2019. 
  6. "Dos gallegos, Feijoo y Sarmiento, por Victoria Armesto". todocoleccion.net (en castelán). Consultado o 25/7/2019. 
  7. Armesto, Victoria (1971). Galicia feudal (en castelán). Editorial Galaxia. 
  8. Armesto, Victoria (1973). Verbas galegas. Editorial Galaxia. ISBN 9788471542076. 
  9. Armesto, Victoria (1976). Herminia (en castelán). Voz de Galicia. ISBN 9788440097859. 
  10. Armesto, Victoria (1987). Tradición y reforma en la vieja Coruña (en castelán). Diputación Provincial de La Coruña. ISBN 9788486040253. 
  11. Carro, Ana (2024-04-16). "El amor de Victoria Armesto por la cocina, al descubierto". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2024-04-20. 
  12. "Victoria Armesto galardoada polo Centro Gallego de Buenos Aires". hemeroteca.abc.es. Consultado o 25/7/2019. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar