Axencia Atlas
Atlas é unha axencia de información audiovisual pertencente ao Grupo Mediaset España Comunicación, constituída en 1998. Nos seus cinco primeiros anos converteuse na principal provedora de novas de televisión para os medios locais. Dende os seus inicios na sede de Telecinco, Atlas naceu coma unha axencia multimedia e multisoporte, cubrindo diariamente máis de 100 informacións. A axencia filial a Mediaset España Comunicación produce noticias nacionais, internacionais (con acordos con axencias estranxeiras coma Reuters), acontecementos, política, economía e deportes entre outros temas. As redaccións de Informativos Telecinco e Noticias Cuatro infórmanse diariamente a través dela.
Axencia Atlas | |
---|---|
Tipo | axencia de noticias |
Data de fundación | 1998 |
Organización matriz | Mediaset España |
Sede | Fuencarral |
País | España |
Na rede | |
http://www.atlas-news.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Evolución
editarDende os seus principios a axencia producía a información para Informativos Telecinco, pero dende a chegada de Cuatro a Mediaset España Comunicación a axencia produce información diaria para ámbalas dúas redaccións. Paolo Vasile definiu este concepto coma "Unha cociña para dous restaurantes".
O 24 de xaneiro do 2012 despediuse a 14 traballadores da axencia debido á profunda crise do sector.
Producións
editar- Informativos Telecinco (dende 1999).
- A tu lado (2004 - 2007).
- TNT (2004-2007).
- Diario de... (dende 2006).
- Noticias Cuatro (dende 2011).
- Las mañanas de Cuatro (dende 2011).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- www.atlas-news.com páxina da axencia (en castelán).