Cristina Garmendia
Cristina Garmendia Mendizábal, nada en Donostia o 21 de febreiro de 1962, é unha bióloga e empresaria vasca.
Cristina Garmendia | |
![]() | |
14 de abril de 2008 – 22 de decembro de 2011 | |
Presidente | José Luis Rodríguez Zapatero |
Precedido por | Mercedes Cabrera (Educación e Ciencia) |
Sucedido por | Luis de Guindos (Economía e Competitividade) |
Datos persoais
| |
Nacemento | 21 de febreiro de 1962 (60 anos) Donostia (Guipúscoa, País Vasco) |
Partido | Independente |
Profesión | Científica e empresaria |
TraxectoriaEditar
Doutora en Bioloxía pola Universidade Autónoma de Madrid, antes da súa elección como ministra foi presidenta da Fundación Inbiomed e da Asociación Española de Bioempresas. En 2000 fundou Genetrix, empresa do sector da biotecnoloxía. Defensora do uso terapéutico das células nai embrionarias, era tamén membro da Xunta Directiva da Confederación Española de Organizacións Empresariais, a CEOE.
Sen militancia política, foi nomeada Ministra de Ciencia e Innovación na IX Lexislatura, baixo o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.[1]
NotasEditar
- ↑ "Carmen Chacón será ministra de Defensa y Cristina Garmendia, de Innovación". ELPAÍS.com. 11 de abril de 2008. Consultado o 3 de decembro de 2012.