Abrir o menú principal

Nueve foi unha canle de televisión española privada da TDT, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Mediaset España. Comezou as súas emisións o 31 de decembro do 2012 e cesounas o 5 de maio do 2014.

Nueve
Nueve 2012.png
Logo de Nueve
Inicio das emisións 31 de decembro do 2012
Fin das emisións 5 de maio do 2014
Fundado por Mediaset España
Propiedade de Mediaset España
Formato da imaxe 576i (SDTV 16:9)
Datos de audiencia 0,9% (Abril de 2014, [1])
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Escala nacional
Sede central Fuencarral, Madrid
Canle/s irmá(s) Telecinco
Cuatro
Factoría de Ficción
Boing
Divinity
Energy
LaSiete
Telecinco HD
Cuatro HD
Páxina web Páxina web de Nueve
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT

HistoriaEditar

Nueve iniciou as súas emisións o 31 de decembro do 2012 os primeiros meses a programación de Nueve baseouse na emisión dun bucle diario composto por I love TV, Yo soy Bea e De buena ley.[2] Durante os seguintes meses foi engadindo máis series como Tierra de Lobos.

Cambio de temáticaEditar

O 15 de xaneiro do 2014 Mediaset España anunciou que cambiaría a temática da canle o 14 de febreiro, emitindo reposicións de programas e eventos do grupo audiovisual, as cales se emitían ata o momento en LaSiete. Esta última canle pasou a emitir telenovelas.[3][4][5]

Fin das emisiónsEditar

A canle cesou as súas emisión o 5 de maio do 2014, como consecuencia dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que anulou a concesión de nove canles da TDT, debido a que foron outorgadas sen o preceptivo concurso público que rexe a Lei Audiovisual.[6][7][8]

Imaxe corporativaEditar

 
31 de decembro do 2012 - 14 de febreiro do 2014

AudienciasEditar

Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS.[9] Están en letra grosa e azul os meses en que foi líder de audiencia.

Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Media anual
2013 0,5%
[# 1]
0,7% 1,0%* 0,9% 0,8% 0,7% 0,8% 0,8% 0,7% 0,7% 0,6% 0,4%** 0,7%[1]
2014 0,5% 0,6% 0,8% 0,9% - - - - - - - - (%)[1]

* Máximo histórico | ** Mínimo histórico

ReferenciasEditar

  1. Aínda que Nueve comenzou as súas emisión oficiais o 21 de xaneiro do 2013, as audiencias medíronse dende o 1 de xaneiro.

Ligazóns externasEditar