José Luis Méndez Romeu
José Luis Méndez Romeu, nado na Coruña o 24 de xullo de 1951[1], é un político galego que milita no PSdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1951 (73 anos) A Coruña, España |
Cargos | |
Portavoz do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia | |
Período | 8 de outubro de 2013 – Maio de 2016 |
Antecesor | Abel Losada |
Sucesor | Patricia Vilán |
Conselleiro da Presidencia, Administración Pública e Xustiza da Xunta de Galicia | |
Período | 2005 – 2009 |
Antecesor | Xesús Palmou e Xaime Pita |
Sucesor | Alfonso Rueda |
Secretario de Estado de Cooperación Territorial de España | |
Período | 2004 – 2005 |
Antecesor | Gabriel Elorriaga Pisarik |
Sucesor | Ana Isabel Leiva Díaz |
Deputado no Parlamento de Galicia | |
Período | 2005 – 2016 |
Concelleiro na Corporación Municipal da Coruña | |
Período | 1987 – 2004 |
Concelleiro de Educación e Cultura do Goberno Municipal da Coruña | |
Período | 1987 – 2003 |
Concelleiro de Urbanismo do Goberno Municipal da Coruña | |
Período | 2003 – 2004 |
Antecesor | Salvador Fernández Moreda |
Sucesor | Javier Losada |
Datos persoais | |
Residencia | A Coruña |
Actividade | |
Ocupación | pedagogo, político |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Premios | |
Sitio web | mendezromeu.blogspot.com |
Traxectoria
editarEstudou pedagoxía. Foi concelleiro de Educación e Cultura do Concello da Coruña desde 1987 ata 2003 e presidente da Orquestra Sinfónica de Galicia (1994-2004). Tenente de alcalde e Concelleiro de Urbanismo (2003-2004). Foi tamén responsábel de educación do grupo socialista no Parlamento de Galicia mentres foi deputado (1997-2004).
Entre 2004 e 2005 foi secretario de estado de Cooperación Territorial no goberno español.
Exerceu o cargo de Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia dende o 2 de agosto de 2005 ata 2009.
Foi voceiro do PSdeG-PSOE no parlamento galego a partir de outubro de 2013. En 2016 presentouse ás primarias para candidato á presidencia da Xunta de Galicia pero foi derrotado. Dimitiu como voceiro parlamentario en maio dese mesmo ano[2] e foi substituído ás poucas semanas pola pontevedresa Patricia Vilán[3].
Notas
editar- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Méndez Romeu, José Luis". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 372. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ David Lombao (31 de maio de 2016). "A xestora do PSdeG aborda a complexa substitución de Romeu no Parlamento". Praza Pública.
- ↑ Taboada, X. A. "La pontevedresa Patricia Vilán releva a Romeu como portavoz del PSOE en el Parlamento". Faro de Vigo. Consultado o 2016-09-29.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine.
- Ficha en galegos.galiciadigital.com