Mercedes Rosón

política galega

Mercedes Rosón Ferreiro, nada en Lugo en 1961, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaMercedes Rosón
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Subdirectora da Área de Cultura do Vicerreitorado de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, e responsable da Fonoteca universitaria dende finais dos anos oitenta, centrándose a súa actividade fundamentalmente nos ámbitos da xestión e produción de música, de exposicións, artes plásticas e xestión do patrimonio histórico-artístico e a música.

Nas eleccións municipais de 2003 deu o salto á política local de Santiago de Compostela da man do entón alcalde Xosé Sánchez Bugallo, formando parte da candidatura do PSdeG-PSOE (como independente) e resultando elixida concelleira. Dende entón ata o ano 2011 ocupou diversas responsabilidades de goberno, estando á fronte dos departamentos de Cultura, Rehabilitación e Cidade Histórica, Centros Socioculturais, Urbanismo, Vivenda, e Educación. En 2009 afiliouse ó PSdeG.

Tralo paso dos socialistas á oposición en 2011 continuou como concelleira e retomou o seu traballo na Universidade. En novembro de 2014 presentouse ás primarias encabezala candidatura do PSdeG-PSOE en Santiago nas eleccións municipais de 2015, sendo derrotada por Paco Reyes, tralo cal dimitiu como concelleira[1]. En decembro de 2017 concorreu ás primarias á Secretaría Xeral do PSdeG na provincia da Coruña[2], sendo derrotada polo presidente da Deputación Valentín González Formoso.

Nas eleccións municipais de 2019 regresou á política municipal compostelá como número 2 da candidatura do PSdeG-PSOE, a cal encabezou o exalcalde Xosé Sánchez Bugallo. Tralo triunfo electoral da formación, os socialistas volveron ostentalo goberno local e pasou a ser a Primeira Tenente de Alcalde da cidade, asumindo as áreas de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural[3]. Ao logno do mandato remataría asumindo, a maiores, as áreas de Igualdade[4] e Centros Socioculturais[5]. Unha das principais actuacións nas súas áreas foi o comezo da implementación de fibra óptica na zona histórica da cidade[6], servizo demandado dende había moitos anos. Tras perdelo PSdeG o goberno local en 2023 continuou como concelleira na oposición.

Vida persoal

editar

Está casada e ten dúas fillas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar