Iolanda Zúñiga

escritora galega

Iolanda Pérez Zúñiga, nada en Vigo o 12 de febreiro de 1975, é unha escritora en lingua galega.

Iolanda Zúñiga
Nacemento12 de febreiro de 1975
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
XénerosPoesía, narrativa
Coñecido/a porVidas post-it, Periferia, Amor amén e Noites de safari
EstudosEducación Musical
PremiosPremio Xerais de Novela
Na rede
AELG: 451
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Mestra de educación musical. Forma parte do grupo Murmel-bruxas de música para nenos. Na actualidade traballa nun restaurante vexetariano de Vigo, despois de ter sido monicrequeira e asistente nunha libraría e nunha tenda de discos. No ano 2007 publicou o seu primeiro libro, Vidas post-it, 46 microrrelatos con temática moi diversa, pero sempre referidos a situacións cotiás universais. En 2008 publicou o poemario Amor amén. En 2010 obtivo o premio Xerais coa novela Periferia,[1] unha historia sobre a precaridade cotiá e a falta de oportunidades nos suburbios[2].

Obras editar

Narrativa editar

  • Vidas post-it (relatos, 2007. Edicións Xerais, colección Abismos). Traducida ao castelán[3] no 2011 en Pulp Books, por Moisés Rodríguez Barcia e ao catalán en 2013.[4]
  • Periferia (novela, 2010, Ed. Xerais)
  • Noites de safari. Manual sobre amantes desorientados (novela, 2018, Ed. Xerais, co pseudónimo de Marleen MaLone)
  • Natura (novela, 2018, Galaxia)

Poesía editar

  • Amor amén, 2008, Xerais.

Premios editar

Notas editar

  1. Premio Xerais de Novela 2010 Arquivado 20 de setembro de 2011 en Wayback Machine., nova en Praza das Letras o 13 de xullo de 2010.
  2. Contra a soberbia Arquivado 07 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., entrevista á autora en Galicia Hoxe o 15 de xuño de 2010.
  3. "Vidas post-it". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-29. 
  4. "Vides Post-it". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-29. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar