Periferia (novela)
obra literaria de Iolanda Zúñiga
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Periferia.
Periferia é unha novela de Iolanda Zúñiga. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Xerais dese ano[1]. Está ambientada na cidade de São Paulo.
Periferia | |
---|---|
Autor/a | Iolanda Zúñiga |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Narrativa |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | outubro de 2010 |
Formato | 15,5 x 23 cm cartonado |
Páxinas | 504 |
ISBN | 978-84-9914-170-1 |
[ editar datos en Wikidata ] |
(...) con constantes referencias á cultura popular, á cultura de masas, á música, aos medios, á publicidade, ao cine, [Periferia] está tecida cunha mestura de textos tipicamente posmoderna.Extracto tirado da contraportada da obra.
Trama
editarLuciana e Brown son unha parella da periferia de São Paulo, nun arrabalde de favelas, unha zona marcada polo narcotráfico e a violencia. A historia narra o seu devir ao tempo que trata de pintar un fresco sobre a cidade actual, coa miseria e a falta de oportunidades.
Estilo e crítica
editarA novela está escrita en forma polifónica, cun narrador/a omnipresente (tamén por ir acoutando algo, pobre de min) que vai debullando, con un presente histórico que dota á historia dun modo documentalista[2], as súas descricións, as súas impresións da cidade. A voz narrativa, nun galego de elevada concentración metafórica, cunha sintaxe envolvente e interminable, case abafante, vai colocando as pezas deste quebracabezas con parsimonia, coa introdución de numerosos excursos, con datos, estatísticas, informes, sobre a prostitución, o narcotráfico, o fútbol, o entroido, as organizacións criminais, o tránsito, a venda de armas ou a estrutura interna e funda do mundo das favelas
Unha reflexión, en suma, sobre o exercicio do poder, en contra das escravitudes, sobre a intolerancia mercé a unha voz que quere erguerse, con forza, contra ese holocausto continuo e recorrente que segue a “reencarnarse” nas favelas.Recensión a cargo de Ramón Nicolás.
Estrutura
editarA novela está dividida en 11 seccións. Todas elas constan dun primeiro e moi longo parágrafo e dun segundo que apenas pasa dunha simple liña. A divisón da novela é como segue:
- A Cidade
- A Periferia
- A Coprotagonista
- O Carnaval
- O Narcotráfico
- O Amor
- O Fútbol
- O Crime
- Bonus track: o Cárcere
- Agradecementos
- Hidden track: o Funk
Notas
editar- ↑ "Iolanda Zúñiga faise co premio Xerais cunha historia da periferia" Arquivado 16 de xuño de 2010 en Wayback Machine., artigo en Xornal de Galicia, 15 de xuño de 2010.
- ↑ Non en van, a autora, nos agradecementos, cita Google, Wikipedia e Youtube, "ferramentas virtuais coas que construín esta ficción".
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na web da editorial.
- Planeta Periferia, blog da autora no que dá conta das circunstancias e contidos da novela.
- "A periferia brasileira do s. XXI en Ferrez e Iolanda Zúñiga (II)", artigo de Noa Fernández Pazo en Praza Pública, 11 de novembro de 2015.