Teresa Barro
tradutora e escritora galega
María Teresa Barro Muñoz-Ortiz, nada na Coruña o 8 de marzo de 1936, é unha tradutora e escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1936 (88 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | tradutora, escritora |
Membro de | |
Premios | |
Traxectoria
editarEstudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e na de Madrid, licenciándose nesta última en Pedagoxía en 1960. En 1962 casou con Fernando Pérez-Barreiro Nolla, co que en 1964 se traslada a Londres, onde traballou como tradutora, residindo desde 2008 en Lancaster (Inglaterra). Membro fundadora do Grupo de Traballo Galego de Londres, ten colaborado con distintas publicacións galegas, como Grial, A Nosa Terra e Sermos Galiza, así como nos programas de radio da BBC. En 1980 obtivo o certificado da Faculty of the Astrological Studies de Londres.
Obra
editarEnsaio
editar- Cartas a Rosalía, 1981, Ediciós do Castro.
- Introducción á Astroloxía, 1983, Xerais.
- Dentro e fóra, 2002.
Traducións
editar- Contos de Andersen, 1983, Ediciós do Castro.
- Alicia no país das marabillas, de Lewis Carroll, xunto con Fernando Pérez-Barreiro, Xerais. Premio Nacional de Tradución de Libros Infantís e Xuvenís.
- Alicia do outro lado do espello, Xerais.
- Fábulas de Esopo, 1997, Laiovento.
Obras colectivas
editar- No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Barro Muñoz - Ortiz,, Mª Teresa". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 59. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
editar- Entrevista Arquivado 03 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en Sermos Galiza o 26 de febreiro de 2018.
- Desde Albion para Galiza, blog da autora en galego
- Viento de marzo, blog en castelán