Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación
asociación profesional galega
A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, coñecida a miúdo polo acrónimo AGPTI, é unha asociación galega do ámbito de tradución. Creouse no ano 2001 coa finalidade de servir de plataforma de comunicación entre profesionais para a defensa dos intereses dos traballadores da tradución e da interpretación. Tamén ten entre os seus obxectivos a difusión do galego como lingua de traballo neste sector e contaba en 2015 con algo máis de 100 membros.[1] A AGPTI forma parte da rede Vértice, que agrupa asociacións de tradución e interpretación de ámbito estatal.
Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación | |||
---|---|---|---|
Tipo | asociación profesional ![]() | ||
Actividade | |||
Campo de traballo | tradución ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 2001 ![]() | ||
Localización | |||
Sede | Oleiros ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | agpti.org ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
En 2021 estaba presidida por Iria Taibo Corsanego.
Notas
editar- ↑ A AGPTI celebrou o Día Internacional da tradución coa presentación da súa Guía de inicio na profesión, artigo en Xornal de Galicia o 2 de outubro de 2014.