Xosé Lois García Fernández

escritor galego

Xosé Lois García Fernández, nado en Lugo o 22 de abril de 1945, é un escritor galego.

Modelo:BiografíaXosé Lois García Fernández

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de abril de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX922221 AELG: 548 Dialnet: 622619

Traxectoria

editar

Aínda que naceu en Lugo, criouse en Merlán (Chantada).[1] Con vinte anos pasou a vivir a Barcelona, onde traballou de obreiro da metalurxia na SEAT e estudou varios cursos de socioloxía no Instituto de Ciencias Sociais e Políticas que, máis tarde, abandonou para ingresar na Universidade de Barcelona da que é licenciado en Filosofía e Letras (sección de Historia). Foi Director do Arquivo Histórico Municipal e Responsable de Patrimonio HIstórico de Sant Andreu de la Barca (Barcelona).[2] Fundador do “Centre d’Estudis Joan Falguera” de Sant Andreu de la Barca, e da “Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada”.

Desenvolveu diversos labores na divulgación da cultura galega en Cataluña. Autor de diversas publicacións de historia, ensaio, teatro, literatura infantil e sobre a simboloxía románica na Ribeira Sacra. Crítico de arte e literatura, conferenciante, articulista en varias publicacións de Galiza, España e do estranxeiro. Foi correspondente da revista portuguesa Nova Renascença. Articulista da prensa catalá: revista Canigó e Historia y Vida e nos xornais: Avui e Mundo Diario. Participou nas revistas portuguesas: Quadernos do Tâmaga!, Anto e Saudade, Colóquio & Letras. Columnista semanal do xornal O Correo Galego, Galicia Hoxe, A Nosa Terra e Sermos Galiza.[3]

Especialista da literatura de expresión portuguesa en África (a este continente viaxou en numerosas ocasións) e autor de antoloxías poéticas de Portugal, Galicia, Mozambique, Angola, Guinea-Bissau, Macau e o Brasil. Tamén é antólogo e tradutor. A súa obra a compoñen mais de cincuenta libros publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán. Ten realizado varias viaxes a África e América. Investigador sobre a obra de Agostinho Neto, o primeiro presidente de Angola, e doutros autores. Ten escrito numerosos prólogos sobre autores de poesía. É membro de honor da União dos Escritores Angolanos e en 2024 foi nomeado por unanimidade membro correspondente da Academia Angolana de Letras.[4]

Poesía

editar

Ensaio

editar

Narrativa

editar

Teatro

editar
  • A proclama (1996). Cadernos de Teatro. Elsinor.
  • A cerna (2013). Fundación Cultural da Estrada. ISBN 978-84-695-8828-4.
  • Conversa de Manuel María e Xohán de Requeixo no monte Faro, entre as néboas do tempo (2016). Agrasar Editores. ISBN 9788445341766.[17]
  • O proceso a Lucía Fidalgo (2017). Silleda: Fervenza ed. Ilustracións de Juan José Lomarti. 96 páxs. ISBN 978-84-17094-11-9.
  • Auto do demo e da viñateira (2017). Silleda: Fervenza ed. Ilustracións de Juan José Lomarti. 16 páxs. ISBN 978-84-17094-14-0.
  • Teatro completo (1996-2019) (2019). Ed. de Autor. ISBN 978-84-09-14183-8. Estudo preliminar de Elza Hauresku.
  • Unha cunca de caldo quente (2022). Silleda: Fervenza ed.[18] 96 páxs. ISBN 978-84-18136-84-9. Ilustracións de Juan José Lomarti.

Edicións

editar
  • Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984). Sotelo Blanco.
  • Rosalírica: (homenaxe de 27 poetas portugueses a Rosalía no centenario de súa morte) (1985). Ediciós do Castro.
  • Cantares d'amor e d'amigo, de Carles Riba (1990). Ediciós do Castro.
  • Nova Galiza (1990). Ediciós do Castro. Edición facsimilar.
  • Nacionalismo e Cultura, de Amílcar Cabral (1999). Laiovento.
  • Cadernos poéticos dun emigrante galego en Cuba, de Domingo Campio Devesa Naveiro (2004). Ediciós do Castro.
  • Antoloxía dos poetas galegos en Cuba (2008). Toxosoutos.
  • Antoloxía poética da Escola Labrega luguesa. De Leiras Pulpeiro a Uxío Novoneyra (2013) Fundación Uxío Novoneyra.

Literatura infanto-xuvenil

editar

Traducións

editar

Obras colectivas

editar
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995). Ediciós do Castro.
  • Alén do azul (unha ducia de poetas galegos en Catalunya) (1999) Ediciós do Castro.
  • Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán (2003). Edicións do Cumio.
  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003).
  • Erato bajo la piel del deseo (2010). Sial Ediciones.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón.
  • Os aforismos do riso futurista (2016). Xerais.
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016). Fervenza.

Obra en portugués

editar

Poesía

editar
  • Os indícios do sol (1988). Braga: Oficinas de Trabalho Protegido da APPACDM.
  • Labirinto incendiado (1989). Amarante: Edições do Tâmega. 56 páxs.
  • O som das águas lentas (1999). Campo das Letras. Dedicado aos azulexos da estación ferroviaria de Caminha.[19]

Edicións

editar
  • Floriram cravos vermelhos: antología poética da expressão portuguesa em África e Ásia (1993). Espiral Maior.
  • Homenagem a Angola no XXV aniversário da súa independência nacional (1975-2000) (2001). Ediciós do Castro.

Obra en catalán

editar

Poesía

editar
  • Cruïlles de Sant Andreu de la Barca (2006). Edición en liña.[20]

Teatro

editar
  • Desguiament de guiats (2014). Ajuntament Sant Andreu de la Barca.

Traducións

editar
  • El problema de les nacionalitats ibèriques (antologia de "Sempre en Galicia"), de Castelao (1983). Edicions 62.

Ensaio

editar
  • Tot descobrint Sant Andreu de la Barca (1999)
  • Imatges i records de Sant Andreu de la Barca (1999)
  • Efemèrides històriques de Sant Andreu de la Barca (2000)
  • Recull enciclopèdic de Sant Andreu de la Barca (2001)
  • La Societat El Casino de Sant Andreu de la Barca (2002)
  • La pagesia a Sant Andreu de la Barca (2004)
  • Els alcaldes de Sant Andreu de la Barca del segle XX (2005)
  • L'alcalde Joan Falguera i Estapé. Vida i obra (2005)
  • Guia del patrimoni arquitectònic de Sant Andreu de la Barca (2006)
  • Constitució del Consell de Jurats de Sant Andreu de la Barca (1594) (2006)
  • L'ahir i l’avui de Sant Andreu de la Barca (2007)
  • L'emigració de Sant Andreu de la Barca a Xile (2008)
  • La nostre gent (Sant Andreu de la Barca) (2009)
  • Cròniques de Sant Andreu de la Barca (2012)

Obra en castelán

editar

Traducións

editar
  • Poemas a la madre Africa (antología de la poesía angolana del siglo XX) (1992). Ediciós do Castro.
  • Antologia da poesia brasileira = antología de la poesía brasileña (2001). Laiovento.

Premios

editar
  1. Fernández del Riego, F. (1992): Diccionario de escritores en lingua galega. Ed. do Castro, 2ª edición. Páx. 169.
  2. "Xosé Lois García Fernández. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-10-26. 
  3. "Xosé Lois García". www.aelg.gal. Consultado o 2019-10-26. 
  4. Diario, Nós (2024-10-04). "Xosé Lois García é nomeado membro correspondente da Academia Angolana de Letras". Nós Diario. Consultado o 2024-10-04. 
  5. "KALENDAS XOSE LOIS GARCIA XERAIS Casa del Libro". casadellibro (en castelán). 2005-09-20. Consultado o 2024-07-22. 
  6. Nicolás, Ramón (2011-11-23). "Poesía completa (I e II), de Xosé Lois García". Caderno da crítica. Consultado o 2024-07-22. 
  7. Isma. "Plataforma temática sobre Galicia en Internet". www.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2024-07-22. 
  8. "Estirpe de podente no tempo". Galicia Confidencial. Consultado o 2024-07-22. 
  9. "Presentación Remitencias". www.xermolos.org. Consultado o 2024-07-22. 
  10. asociacionescritoras-es. "O mar vai en nós (haikais) Axenda cultural AELG::". Consultado o 2022-11-06. 
  11. Mariño Davila, Esperanza L. (xaneiro, febreiro, marzo, 2024). "No vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige". Grial LXII (241): 101, 102. ISSN 0017-4181. 
  12. "Cancioneiro profano". Edicións Fervenza. Consultado o 2023-10-06. 
  13. "Xosé Lois García reedita o libro «Simboloxía do románico de Pantón»". La Voz de Galicia. 2014-03-19. Consultado o 2024-07-22. 
  14. Nicolás, Ramón (2013-11-05). "Polas diversas xeografías da Lusofonía, Xosé Lois García". Caderno da crítica. Consultado o 2024-07-22. 
  15. Mariño Davila, Esperanza (xullo, agosto, setembro 2021). "Alefato... o orgullo da herdanza hebrea". Grial LIX (231): 118–119. ISSN 0017-4181. 
  16. martinho. "Presentación do libro “Achegas á simboloxía do románico da Ulloa”, de Xosé Lois García, en Antas de Ulla Culturalia GZ" (en castelán). Consultado o 2022-07-22. 
  17. Nicolás, Ramón (2016-04-19). "Conversa de Manuel María e Xohán de Requeixo no monte Faro, entre as néboas do tempo, de Xosé Lois García". Caderno da crítica. Consultado o 2024-07-22. 
  18. Mariño Davila, Esperanza L. (xaneiro, febreiro, marzo, 2024). "Na posguerra: sobre a miseria e a caridade". Grial LXII (241): 112, 113. ISSN 0017-4181. 
  19. García, Xosé Lois (2015-05-22). "O som das águas lentas (I)". ~ Palavra Comum ~ (en portugués). Consultado o 2024-07-22. 
  20. "Xosé Lois García, un escritor con sitio propio na Rede". La Voz de Galicia. 2006-06-27. Consultado o 2024-07-22. 
  21. "Xusto Beramendi y Xosé Lois García, Premios Pedrón de Ouro y de Honra 2008". www.elprogreso.es (en castelán). Consultado o 2019-10-26. 
  22. "Arquivo fotográfico". aelg.gal. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Xosé Lois García: Coloquio homenaxe. Chantada, 13 e 14 de agosto de 2005, 2006, Ajuntament de Sant Andreu de la Barca, Barcelona.
  • A letra e o ar: palabra-liberdade na poesía de Xosé Lois García, de Andityas Soares de Moura, 2009, Toxosoutos.