Amílcar Cabral
Amílcar Lopes Cabral, nado en Bafatá o 12 de setembro de 1924 e finado en Conakry o 20 de xaneiro de 1973, foi un político e escritor, líder da independencia de Cabo Verde e da Guinea-Bisau.
Amílcar Cabral | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Amílcar Lopes da Costa Cabral |
Alcume | Abel Djassi |
Nacemento | 12 de setembro de 1924 e 1924 |
Lugar de nacemento | Bafatá |
Falecemento | 20 de xaneiro de 1973 |
Lugar de falecemento | Tsévié e Conakry |
Soterrado | Fortaleza de São José da Amura |
Nacionalidade | Portugal e Província ultramarina de Guiné |
Alma máter | Universidade Técnica de Lisboa e Institute for African Studies |
Ocupación | político, enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro, escritor, agrónomo, politicólogo e poeta |
Fillos | Iva Cabral |
Premios | Order of the Companions of O. R. Tambo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Naceu na Guinea-Bisau de pais caboverdianos, aos oito anos marchou coa súa familia a Mindelo (Cabo Verde), en 1944 marchou a Praia e en 1945 grazas a unha bolsa de estudo estudou agronomía en Lisboa. En 1952 estableceuse na Guinea-Bisau para traballar para o servizo agrícola, polas súas actividades contrarias ao colonialismo portugués tivo que emigran a Angola. En 1956[1] foi un dos fundadores do PAIGC (Partido Africano para a Independencia da Guinea e Cabo Verde), do que é elixido o seu primeiro secretario xeral e radícase en Conakry onde o partido ten a súa sede central, e dende onde dirixe a loita armada contra as forzas portuguesas no sur da Guinea-Bisau. Morreu asasinado por membros do seu propio partido.
Obra editar
- Rosa negra, 1949
- Regresso, 1949
- Ilha, 1974
Notas editar
- ↑ William Minter Portuguese Africa and the West. 1974, páxina 62
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Amílcar Cabral |