Manuel Leiras Pulpeiro

médico e escritor galego

Manuel Leiras Pulpeiro, nado en Mondoñedo o 25 de outubro de 1854 e finado na mesma vila o 9 de novembro de 1912, foi un escritor galego do Rexurdimento. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1983.

Manuel Leiras Pulpeiro
Manuel Leiras Pulpeiro.jpg
Nacemento25 de outubro de 1854
 Mondoñedo
Falecemento9 de novembro de 1912
 Mondoñedo
Soterradocemiterio vello de Mondoñedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, médico e autor
XénerosPoesía
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Latín e Humanidades no seminario mindoniense, e Medicina en Madrid, licenciándose en 1877[1]. Exerceu a medicina en Mondoñedo, cun gran recoñecemento popular. Participou como médico forense na resolución do crime de Santa Cruz do Valadouro, onde foran asasinados o párroco e os seus criados.[2][3]

 
Cantares Gallegos, Mondoñedo, 1911.

Foi republicano e chegou a ser Presidente do Comité Republicano Federal de Mondoñedo. Deste xeito, en xullo de 1887 formou parte da Asemblea Federal da Rexión Galega que redactou o Proxecto de Constitución para o futuro Estado galego. Na súas declaracións expresou as súas dúbidas sobre o sufraxio feminino, aínda que se sumou o voto favorable.[4] O seu talante liberal e anticlerical creoulle numerosas dificultades en Mondoñedo, sé bispal, se ben conseguiu manter as súas conviccións con total firmeza.

Rexeitou o nomeamento de membro da Real Academia Galega por coidar non merecelo, pero doou a esta institución moito material etnográfico e léxico (refráns, cantares, adiviñas etc.) por el recollido. Escribiu un só libro, Cantares gallegos (1911), con cantigas de tipo popular e de temática costumista, patriótica e sátira anticlerical, onde eleva á categoría de mito a figura do mariscal Pardo de Cela.

Cantou a Mondoñedo e ás súas terras, a Galicia e ós seus problemas. Os seus restos recibiron sepultura no cemiterio civil de Mondoñedo.

Poucos anos despois da súa morte xuntáronse en Obras Completas (1930) as composicións que deixara inéditas, e en 1970 Xosé Luís Franco Grande publicou a Obra Completa de Leiras, recollendo outros inéditos.

Dedicóuselle en 1983 o Día das Letras Galegas. En 1998 publicouse Costumes antigos en Galiza, postos en limpo polo seu irmán Ramón Félix Leiras Pulpeiro na versión facsímile do manuscrito en castelán, versión ao galego de Ramón Reimunde.

O Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro recoñece o seu labor.

Galería de imaxesEditar

Manuel Leiras Pulpeiro. 
Escultura en honor de Leiras en Mondoñedo. 
Poema de Leiras Pulpeiro en Mondoñedo (cemiterio vello). 
Poema de Leiras Pulpeiro en Mondoñedo. 

NotasEditar

  1. Estudo crítico de Xosé Luís Franco Grande en Manuel Leiras Pulpeiro. Obra Completa. Galaxia, 1970, páxina 12
  2. "Cuatro personas asesinadas en Santa Cruz do Valadouro (Lugo)". Historia de la Crónica Negra (en castelán). 2019-04-06. Consultado o 2022-03-23. 
  3. Vila Pernas, Miguel (2004). O CRIME DE SANTA CRUZ DO VALADOURO. Edificios Castro. ISBN 9788484851486. 
  4. Asemblea Federal da Rexión Galega (1887). Proyecto de Constitución o Pacto Fundamental para el futuro Estado Gallego. Imprenta José Míguez Peinó y Hermano. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar