Abrir o menú principal

António Agostinho Neto, nado en Catete, Icolo e Bengo, Angola, o 17 de setembro de 1922 e finado en Moscova o 10 de setembro de 1979, foi un político e escritor angolano e o primeiro presidente de Angola, entre 1975 e 1979.

Agostinho Neto
Agostinho Neto (1975).jpg
Agostinho Neto en abril de 1975.
Nome completoAntónio Agostinho Neto
Nacemento17 de setembro de 1922
 Ícolo e Bengo
Falecemento10 de setembro de 1979
 Moscova
Causasurgical complications
SoterradoLuanda
NacionalidadePortugal e Angola
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Coimbra e Universidade de Lisboa
Ocupaciónpolítico, poeta e médico escritor
PremiosPrêmio Lenin da Paz, Orde de Lenin, Ordem de Playa Girón, Order of the Companions of O. R. Tambo, Ordem Amílcar Cabral, National Order of Merit, Order of the Yugoslav Star, Order of the Most Ancient Welwitchia Mirabilis e Order of Merit of the Republic of Poland
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Converteuse nunha figura prominente na década de 1940 dentro dos movementos nacionalistas angolanos, ao tempo que estudaba medicina en Lisboa. Á súa volta a Angola, logo de se doutorar, converteuse axiña nunha figura problemática pola súa oposición ao goberno colonial, que o arrestou, aínda que conseguiu escapar a Marrocos, onde se converteu nun dos líderes da resistencia angolana no exilio.

Foi un dos primeiros membros do Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA) e asumiu a presidencia de Angola o 11 de novembro de 1975 cando Angola obtivo a independencia.

Obra literariaEditar

PoesíaEditar

  • 1957 - Quatro Poemas de Agostinho Neto, Póvoa do Varzim, e.a.
  • 1961 - Poemas, Lisboa, Casa dos Estudantes do Império
  • 1974 - Sagrada Esperança, Lisboa, Sá da Costa (inclúe os poemas dos dous primeiros libros)
  • 1982 - A Renúncia Impossível, Luanda, INALD (edición póstuma)

PolíticaEditar

  • 1974 - Quem é o inimigo... qual é o nosso objectivo?
  • 1976 - Destruir o velho para construir o novo
  • 1980 - Ainda o meu sonho

Véxase taménEditar