José Randolfe Vilariño
Xosé Randolfe Vilariño, nado en Quintá do Monte (Pradeda, Carballedo) o 25 de xaneiro de 1960, é un pintor galego.
Xosé Randolfe Vilariño | |
---|---|
![]() | |
Nome | José Randolfe Vilariño |
Nacemento | 1960 |
Carballedo | |
Nacionalidade | España |
Cónxuxe(s) | Elba Grande Fernández |
Fillos | Ana Randolfe Grande |
Eido | Pintura |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Entre 1984 e 1989 estudou Artes Aplicadas, especialidade de esmalte, na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Realizou viaxes de formación a París e Florencia e tamén fixo estudos de Xeografía e Historia e de Enxeñería Técnica Forestal.[1] A súa pintura é froito dunha ampla mestizaxe, na que se atopan contribucións do expresionismo, surrealismo, nova figuración, arte pop etc... Tamén realizou incursións na escultura.[2]
Xosé Randolfe Vilariño é gandeiro, foi concelleiro do PSOE en Carballedo e tamén Secretario Xeral de Unións Agrarias no Sur de Lugo.[3]
Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.[4]
ExposiciónsEditar
- En 1987 participou como convidado na Bienal de Esmalte de Limoges (Francia) na sección de novas tendencias na arte do esmalte (fóra de concurso).
- En 1989 participou en Artistas en Compostela, Casa da Conga, Sala de Exposicións da Universidade de Santiago de Compostela
- En 2000, Olladas, exposición itinerante da Consellería de Cultura nas catro capitais galegas
- En 2010, Traballos de outono no Saviñao, Lugo [5]
- En 2010, Pinturas de Randolfe Vilariño, Casa da Cultura de Chantada
- En 2013, participa na exposición colectiva Creacións interiores: artistas da Ribeira Sacra, no Centro do Viño de Monforte de Lemos [6]
- En 2014, exposición na Galería Tony Ferrer de Ourense [7]
- En 2017, Escolma, Museo Provincial de Lugo:
- "A antoloxía pictórica que Randolfe Vilariño presenta no MPLugo caracterízase pola súa natureza lúdica, vivaz, alegre, na que enaltece de forma recorrente a figura feminina. Unha figura que non só plasma na súa obra como un atractivo iconográfico senón tamén como un tema reivindicativo, xa que en varias das súas obras expresa a súa preocupación por temas sociais, entre os que destaca a violencia de xénero.As obras da súa última etapa, tamén reivindicativas, amosan un carácter ambientalista, moi influenciado polas súas vivencias no medio rural e polo seu desasosego respecto “ao vexetal que nos absorbe” [8].
- En 2018, Última obra, Círculo do Saviñao
PublicaciónsEditar
Olladas. Xunta de Galicia, 1999. 62 pp. ISBN 978-8445326565
NotasEditar
- ↑ "Xosé Randolfe Vilariño". Galicia Digital. Consultado o 14/09/2017.
- ↑ "Historia". Concello de Carballedo. Consultado o 14/09/2017.
- ↑ "Concejal José Randolfe Vilariño…". La Voz de Galicia. Consultado o 14/09/2017.
- ↑ "Personaxes Ilustres". www.concellocarballedo.es. Consultado o 2019-01-25.
- ↑ "Vida Social". El Correo Gallego. Consultado o 14/09/2017.
- ↑ "Exposición de artistas de A Ribeira Sacra en el Centro del Vino de Monforte". Monforte de Lemos-Ribeira Sacra. Consultado o 14/09/2017.
- ↑ "Randolfe Vilariño leva a súa cor …". Televinte Chantada. Consultado o 14/09/2017.
- ↑ "Exposición. Escolma. Randolfe Vilariño". Rede Museística Provincial de Lugo. Consultado o 14/09/2017.