Unións Agrarias
Unións Agrarias-Unión de Pequenos Agricultores, abreviado coma Unións Agrarias-UPA, é un sindicato agrario que desenvolve as súas actividades en Galiza. A organización permanece ligada estruturalmente ao sindicato Unión Xeral de Traballadores (UXT).[3] Está composta por diferentes federacións ou sedes.
Unións Agrarias-UPA | |
---|---|
![]() | |
Sindicato de Galicia | |
Líder | Roberto García González[1] (Secretarío Xeral) |
Sede | Doutor Maceira, 13. 15706, Santiago de Compostela ![]() |
Ideoloxía | agrarista |
Filiación internacional | Confederación Europea de Sindicatos |
Afiliados | descoñecido ((abril2016)) |
Publicación | A terra do gandeiro e o agricultor[2] |
unionsagrarias.org/ |
Unións Agrarias é o sindicato que defende especificamente os intereses dos labregos, gandeiros e traballadores do rural galego federados na súa organización.
EstruturaEditar
A organización do sindicato está establecida do seguinte xeito:
- Secretario Xeral: Roberto García González.
- Secretario de Organización e Coordinación coas Comarcas: Xosé Rodríguez Blanco.
- Secretario de Asuntos Económicos e Área Interna: Xabier López Iglesias.
- Secretaria de Igualdade e Política Social: Verónica Marcos Arrojo.
- Secretaria de Xuventude, Emprendedores do Rural e Medio Ambiente: Begoña Liñares García.
- Secretaria Executiva: Rosario Muñiz López.
- Secretario Executivo: Xosé Castro Cabaleiro.
Galería de imaxesEditar
Manifestación de gandeiros polo prezo do leite en Santiago de Compostela en 2015 (CC Praza Pública).
Alcaldes manifestándose en defensa do sector leireiro galego (CC Praza Pública).
NotasEditar
- ↑ El País (ed.). "Roberto García, reelegido secretario general de Unións Agrarias.". Consultado o 6 de abril de 2016.
- ↑ Unións Agrarias (ed.). "Revista A Terra.". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2016. Consultado o 6 de abril de 2016.
- ↑ Unións Agrarias-UPA (ed.). "Que é.". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2016. Consultado o 6 de abril de 2016.