Quintá do Monte, Pradeda, Carballedo
Quintá do Monte é un lugar da parroquia de Pradeda no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE a súa poboación no ano 2016 era de 20 persoas (15 mulleres e 5 homes), en 2018 eran 13 (8 mulleres e 5 homes).
Quintá do Monte | |
---|---|
![]() | |
Parroquia | Pradeda |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°33′04″N 7°48′30″O / 42.551, -7.808314 |
Poboación | 13 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
En Quintá do Monte naceu o pintor e escultor José Randolfe Vilariño[1].
Topónimo
editarA orixe do topónimo é o latín (villa) quintana, quizais propiedade dun Quintanus; e o determinante mons/montis, "monte"[2].
Patrimonio
editarEn Quintá do Monte consérvase un muíño antigo en funcionamento[3].
Castro de Quintá: Asentamento castrexo situado na parroquia de Pradeda. Alterado pola labra con maquinaria agrícola, presenta na cima unha pequena chaira, e unha gran pendente pola marxe E-SE cara ao pobo.[4]
Quintá na cultura popular
editarOs de Trasar matan a besta,os de Lobelle cómena fresca,
e os de Quintá mandaron recado
que lles gardaran mitá do rabo. ![5]
Notas
editar- ↑ "Randolfe Vilariño, José". Culturagalega.info. Consultado o 20/08/2017.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ "Patrimonio etnográfico". Concello de Carballedo. Consultado o 26/08/2017.
- ↑ "Patrimonio arqueolóxico". Concello de Carballedo. Consultado o 03/09/2017.
- ↑ Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 127. ISBN 84-7041-041-5.
Lugares e parroquias
editarLugares de Pradeda
editarLugares da parroquia de Pradeda no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
O Barrio de Puga | A Estibada | Pradeda de Abaixo | Pradeda de Arriba | Quintá do Monte |