Carlos Oroza

poeta galego

Carlos Oroza Fernández, nado en Viveiro o 13 de maio de 1923[1] e finado en Vigo o 21 de novembro de 2015,[2] foi un poeta galego.

Infotaula de personaCarlos Oroza

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de maio de 1923 Editar o valor em Wikidata
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de novembro de 2015 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMarina Oroza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 3798762

Traxectoria editar

 
Cuarto na Casa Museo de Uxío Novoneyra onde Carlos Oroza residiu.

De novo marchou a Madrid, onde comezou a traballar nunha pensión. Na década de 1960 fíxose famoso con recitais por toda España, na liña da poesía beat. Naquel tempo fundou a revista Tropos xunto con Víctor Lizárraga e Victoria Paniagua. Participou como actor no filme ¿Por qué te engaña tu marido? (Manuel Summers, 1969), e despois pasou un ano en Eivissa. De ideoloxía libertaria e antifranquista, tivo problemas coa súa actividade poética nos anos setenta. A súa adscrición ao movemento beat foi recoñecida nos Estados Unidos, onde recibiu o premio internacional de Poesía Underground en Nova York. En 1975 cantou xunto ao grupo Eclipse, publicando o sinxelo Malú (Ariola, 7"), coas cancións "Malú" e "Evame Malú", dous temas de rock progresivo con influencias tribais e planeantes[3]. En 1985 regresou a Galiza e viviu en Vigo até a súa morte no 2015.

A pesar de non ter unha gran cantidade de obra escrita e publicada (e os seus libros son dificilmente atopables), Carlos Oroza é coñecido pola interpretación e performance dos seus propios poemas.

Obra editar

Poesía editar

Recoñecementos editar

Recibiu o Premio Laxeiro no ano 2008.

Levan o seu nome un centro de ensino público de Pontevedra[4] e unha pequena rúa peonil de Vigo, que conecta as rúas do Príncipe e de Policarpo Sanz, próxima á Porta do Sol.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Carlos Oroza, poeta maior", artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo, 28 de xaneiro de 2014.
  2. "Fallece en Vigo a los 93 años el poeta Carlos Oroza". Faro de Vigo. 22 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  3. García Lloret, P.: Psicoldelia, Hippies y Undergroung en España 1965-1980.
  4. "CIFP Carlos Oroza". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2021. Consultado o 17 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar