Branca Novoneyra
Branca-Petra Novo Rey, coñecida como Branca Novoneyra, nada en Lugo en 1976, é unha escritora, bailarina e coreógrafa galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1976 (47/48 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | bailarina, escritora, coreógrafa |
Familia | |
Pai | Uxío Novoneyra |
Traxectoria
editarPasou a infancia no Courel, é filla do poeta Uxío Novoneyra. Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e Diplomada en Estudos Avanzados pola Universidade de Belas Artes de Granada. Desde 2002 desenvolve o seu traballo como bailarina en colaboración con poetas, videoartistas e músicos en diferentes colectivos. Ten publicado traballos sobre historia e crítica da danza en revistas especializadas. Tamén editou diversas obras poéticas.
Nas eleccións municipais de 2015 foi elixida concelleira de Santiago de Compostela por Compostela Aberta e foi concelleira de Cultura.
Xunto a Olalla Cociña, programou os Picaversos. Traballa para gardar o legado de Uxío Novoneyra, o seu pai, na Fundación que leva o nome do escritor en Parada do Courel. Dirixe o Festival dos Eidos, tamén no Courel.[1]
Colaboradora de Nós Diario.[2]
Espectáculos
editarCoreografía
editar- Chove para que eu soñe, 2002.
- Mordomo, 2006.
- Bucle, 2007.
- Nexus 6, 2008.
- Game over, 2009.
- Aneis, 2010.
Multimedia
editar- Tender a man, 2011. Danza, música e poesía.
Obra literaria
editarPoesía
editar- Dentro do labirinto (2009). Culleredo: Espiral Maior. 24 páxs. ISBN 9788492646289.
- Cristal escuro (2012). Santiago: Follas Novas. ISBN 978-84-695-3574-5.
- As cunchas baleiras (2023). Santiago: Chan da Pólvora. ISBN 978-84-125905-9-3.
Ensaio
editar- Novas de poesía (2013). Fundación Uxío Novoneyra. ISBN 978-84-941161-3-1.
- Unha introdución á danza contemporánea. A nova danza galega (2015). Caligrama libros. 87 páxs. ISBN 978-84-940492-0-0.
Obras colectivas
editar- Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión (2013). Bubela.
- Novas de poesía. 17 poetas (2013). Fundación Uxío Novoneyra.
Premios
editar- Premio de poesía La voz más joven da Obra Social Caja Madrid no 2010.
Notas
editar- ↑ Lopo, Antón (2023-05-24). "Branca Novoneyra rompe o seu silencio poético coa forza conceptual de 'As cunchas baleiras'". A poesía necesaria. Consultado o 2023-05-27.
- ↑ Diario, Nós. "Nós Diario - Xornal de intereses galegos". Nós Diario. Consultado o 2023-05-27.