Rexina Vega
Rexina Rodríguez Vega, nada en Vigo o 18 de novembro de 1966, é unha escritora e investigadora da literatura galega.
Rexina Vega | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de novembro de 1966 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritora |
Xéneros | Narrativa e ensaio |
Estudos | Filoloxía Románica |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Doutora en Filoloxía Románica (tese: Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro), profesora e investigadora no ámbito da literatura galega, é especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que ten publicados varios estudos. Exerceu tamén a crítica literaria en publicacións como Praza.gal[1], A Nosa Terra, Grial ou o Anuario de Estudos Literarios Galegos. No campo da lexicografía formou parte do equipo de redacción dos dicionarios bilingües español-francés da editorial Larousse e do Dicionario Vox galego-castelán.[2]
Durante os anos noventa exerceu a docencia na área de filoloxía galego-portuguesa na Universidade Autónoma de Barcelona. Pasou despois a ser profesora do departamento de Lingua española na Universidade de Vigo,[3] tendo sido anteriormente profesora de Lingua e literatura galega no Instituto San Tomé da mesma cidade e do Departamento de Lingua Galega no IES Plurilingüe Terra de Turonio en Gondomar.
Obra Editar
Narrativa Editar
- Cardume (2007) Xerais. 200 páxs. Ed. en ePubl.[4][5]
- Dark Butterfly (2012). Xerais. 176 páxs. Ed. en ePub.[6][7]
- Nadie duerme (2017). Pepitas de Calabaza. 96 páxs. (Como Xina Vega). Ninguén dorme (2019). Laiovento. 70 páxs.[8][9]
- O estado intermedio (2020). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-555-5.[10][11]
Ensaio Editar
- Os outros feirantes, de Álvaro Cunqueiro (1992). Edicións do Cumio.
- Álvaro Cunqueiro: unha poética da recreación (1997). Laiovento.
- Bilingüismo e autotradución na obra de Álvaro Cunqueiro (2000). Universitat de Barcelona.
Edicións Editar
- Ten que doer. Literatura e identidade, de Suso de Toro (2004). Xerais.
- A volta da perdida. Obra inédita incautada polos militares en 1936, de Urbano R. Moledo (2007). Edicións do Castro.
Obras colectivas Editar
- Álvaro Cunqueiro e as amizades catalanas. Actas do Congreso Internacional "Álvaro Cunqueiro a Catalunya" (2003). Edicións do Castro).
- Álvaro Cunqueiro: fotobiografía sonora (2009). Ouvirmos. Con César Morán.
- VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012) Deputación da Coruña.
- Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza (2017). Através Editora.
- O libro do fútbol (2023). Vigo: Galaxia.[12]
Premios Editar
- Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación, por Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreación.
- Premio Xerais no 2007, por Cardume.
- Premio Stendhal, e finalista do Premio Nacional de Tradución, pola obra de Georges Perec El secuestro.
- Cunqueiriana de Honra de 2021.[13]
Notas Editar
- ↑ "O xornal da Galicia que vén". Praza Pública. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Rexina Vega". www.aelg.gal. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ Bragado, Manuel. ""Cardume" de Rexina Vega – Brétemas". Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Rexina Vega: «Dark Butterfly parte dunha experiencia persoal que necesitaba contar». Entrevista en Radiofusión. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Edicións Laiovento - Rexina Vega". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ Monteagudo Alonso, Antía (Xullo, agosto, setembro 2020). "Ollos abertos e amargas chagas perdidas". Grial. LVIII (227): 72–73. ISSN 0017-4181.
- ↑ "“A figura paterna márcanos tanto como a materna, detesto esa hiperinflación da maternidade como valor absoluto”". Praza Pública. 2021-02-05. Consultado o 2021-02-08.
- ↑ Darriba, Luz (2021-04-20). "A morte do pai". Praza Pública. Consultado o 2021-04-22.
- ↑ "O libro do fútbol". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-22.
- ↑ Galicia, Redacción (2021-01-31). "Rexina Vega é distinguida como Cunqueiriana de Honra de 2021". 21 Noticias. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-31.