Ouvirmos

editorial e consultoría cultural galega

Ouvirmos é unha editorial e consultoría cultural con sede en Ourense que aposta pola creación de produtos innovadores en materia cultural e turística. A empresa naceu en 2003 co obxectivo de recuperar, dignificar e divulgar o patrimonio músico-cultural de Galiza. O seu director é Xosé Aldea.

Ouvirmos
Tipoeditorial e industria musical
Data de fundación2003
Director/aXosé Aldea
SedeOurense
PaísGalicia
Na rede
http://www.ouvirmos.com/web/
Facebook: Ouvirmos Twitter: ouvirmos Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Coleccións da editorial

editar
  • Fotobiografías sonoras. Trátase dun soporte innovador que se presenta nun coidado formato de libro máis dous CDs, e no que se recolle un completo material fotográfico que ilustra a vida de cada un dos autores, así como gravacións coa súa propia voz, recitais e cancións relacionadas coa súa obra. Están publicadas as Fotobiografías sonoras de Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro e Federico García Lorca, entre outros.
  • A Tiracolo. É unha colección de gravacións históricas que ten como obxectivo a recuperación, restauración sonora e dixitalización das grandes obras editadas da música galega con anterioridade ao ano 1954. A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra (gravacións de 1928-1958), Aires da terra (1904), Os Gaiteiros de Soutelo ou Os Montes de Lugo son algúns dos protagonistas da colección.
  • Itinerarios Histórico-Musicais. Serie de libros-CD que propoñen unha viaxe sonora polo patrimonio artístico e musical de diversas localidades galegas como Vigo, Rianxo, Mondoñedo ou Lugo.
  • Cociña infantil e familiar. Unha colección de libros de receitas que ensinan a preparar pratos fáciles e creativos, especificamente concibidos para experimentar en familia.

Consultoría cultural

editar

Entre os proxectos realizados por Ouvirmos como consultoría cultural, destacan as exposicións multimedia dedicadas aos escritores Celso Emilio Ferreiro e Lois Pereiro, o Mapa Sonoro de Vigo ou as masterclass de música tradicional.

Premios

editar
  • Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial da Asociación Galega de Editores pola colección de Fotobiografías Sonoras no 2009.[1]
  • Premio da Crítica de Galicia no Apartado de Música pola colección A Tiracolo no 2008.[2]
  • Medalla do Gaiteiro de Soutelo do Concello de Forcarei no 2007.[3]
  • Recuncho da Palleta da Radio Galega polo Ano da Música no 2004.[3]
  1. "Início Notícias Publicações Ouvirmos, prémio à melhor iniciativa editorial no ano 2009". pglingua.org. 22 de decembro de 2009. Consultado o 22 de novembro de 2022. 
  2. "Ouvirmos". premiosdacriticagalicia.org. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2022. Consultado o 22 de novembro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Empresa/Premios". ouvirmos.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2022. Consultado o 22 de novembro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar