César Morán

escritor e músico galego

César Carlos Morán Fraga, nado en Toural dos Vaos (O Bierzo) o 22 de febreiro[1] de 1954 é un profesor, escritor e músico galego.

Modelo:BiografíaCésar Morán

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Toural dos Vaos, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, músico, catedrático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorXunta de Galicia Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosBrais Morán Editar o valor en Wikidata

BNE: XX906561 AELG: 283

Traxectoria

editar

Estudou Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario da Coruña continuando Galego-Portugués na Universidade de Santiago de Compostela (1ª promoción). Foi profesor asociado da Universidade da Coruña entre 2005 e 2010.[2] Catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES Agra do Orzán desa mesma cidade, onde reside. Combinou desde moi novo as tarefas musicais e as literarias, colaborando con diversos artigos e traballos para prensa e publicacións periódicas (Luzes de Galiza, Agália, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Diario 16 de Galicia, Unión libre, Monfadal ou Casahamlet), radio e televisión.

 
César Morán con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Anxo González Guerra, Manuel Castelao, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando, Manuel Ferreiro Fernández, Tareixa Roca, María dos Anxos González Refoxo, Ramona Giráldez, María Xosé Queizán, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández e Francisco Salinas Portugal.

Foi membro fundador de Agra, o primeiro grupo de jazz-rock con raíces folclóricas, actuando como teclista e compositor até a súa disolución en 1979. Pola mesma época traballou como músico no espectáculo O velorio do grupo de teatro Troula. En 2003 e 2004 colaborou como músico co Centro Dramático Galego.

Ensaio

editar

Obras colectivas

editar

Traballos e colaboracións musicais

editar
  • O pobo da noite, de Manuel Rivas (1996). Xerais. CD poético-musical sobre poemas de Manuel Rivas.
  • Río de son e vento (1998) Xerais. Antoloxía musicada de poetas galegos, con CD. ISBN 84-8302-372-5.
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009). Fundación Manuel María. "Primeira aproximación á narrativa de Manuel María".[5]
  • Álvaro Cunqueiro: fotobiografía sonora (2009). Ouvirmos. Con Rexina Rodríguez Vega.
  • A desaparición da neve, de Manuel Rivas (2009). Alfaguara. Madrid. CD poético-musical sobre poemas de Manuel Rivas.
  • Haberá primavera (2011). Galaxia. Libro de poemas de Álvaro Cunqueiro, acompañado de dous CDs, un cos poemas musicados por César Morán, e outro coa gravación da derradeira conversa concedida por Cunqueiro, precisamente a César Morán, días antes de morrer.[6]
  1. "César C. Morán Fraga". AF2Toral (en castelán). 2012-01-05. Consultado o 2019-07-30. 
  2. "Curriculum". www.udc.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2019. Consultado o 2019-07-30. 
  3. "A lírica medieval, na Biblioteca 120". La Voz de Galicia. 2002-01-14. Consultado o 2019-07-30. 
  4. "A Coruña, á luz das letras. Editorial Trifolium. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2019-07-30. 
  5. "César Morán Fraga". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-07-30. 
  6. "musicaengalego: CESAR MORAN". musicaengalego. Consultado o 2019-07-30. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar