Greenpeace (do inglés green: verde, e peace: paz) é unha organización ecoloxista fundada no Canadá en 1971, de ámbito internacional, independente económica e politicamente, que non acepta doazóns nin presións de gobernos, partidos políticos ou empresas, e que se autofinancia polas achegas dos socios e doadores (95% dos seus fondos[Cómpre referencia]), así como a través da venda de produtos co nome de Greenpeace.

Greenpeace


Tipoorganización non gobernamental internacional, organización medioambiental, organización sen ánimo de lucro e organización non gobernamental Editar o valor en Wikidata
Tema principalprotección medioambiental Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicafundación Editar o valor en Wikidata
Movementoecoloxismo, pacifismo e ação direta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
En oposición adestruição do meio ambiente (pt) Traducir, cambio climático, Caza de baleas, Deforestación e sobrepesca (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aIrving Stowe, Dorothy Stowe, Jim Bohlen (en) Traducir, Paul Côté (pt) Traducir, Robert Hunter (en) Traducir, Ben Metcalfe (en) Traducir, Marie K. Nonnast e Dorothy Metcalfe Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuecemento global, Deforestación, sobrepesca (pt) Traducir, contaminación, Organismo xeneticamente modificado e nuclear industry (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Industriaenvironment (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Economía
Data
Fundación1971 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Substitúe aDon't Make a Wave Committee Editar o valor en Wikidata
Premios
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°21′01″N 4°49′57″L / 52.35022, 4.83239
PaísPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
SedeÁmsterdam Editar o valor en Wikidata
Área de operaciónmundial Editar o valor en Wikidata
Lugar de formaciónVancouver Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBgreenpeace.org… Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: greenpeace.international Twitter: Greenpeace Instagram: greenpeace VK: club66871 LinkedIn: greenpeace-international Youtube: UCTDTSx8kbxGECZJxOa9mIKA TikTok: greenpeace_international BNE: XX164135 Musicbrainz: 8bc0359d-157a-4c9e-96bd-dd403d2b2066 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

Historia

editar

Segundo cifras de Greenpeace, o número dos seus socios en todo o mundo en 2005 era de tres millóns. No mesmo ano, en España eran 85.000.

 
Acción de Greenpeace contra a multinacional petroleira Esso, dona nesa altura do Exxon Valdez, naufragado nas costas de Alasca.

O obxectivo da organización é protexer e defender o medio ambiente, intervindo en diferentes puntos do planeta onde se cometen atentados contra a natureza. Greenpeace leva a cabo campañas para deter o cambio climático, protexer a biodiversidade, en contra dos transxénicos, contra a contaminación, para acabar co uso da enerxía nuclear e das armas e fomentar a paz.

Cunha oficina principal en Ámsterdan, traballa en estreita colaboración coas 44 seccións nacionais,[1] ademais de cos diferentes barcos que ten posuído, o máis coñecido deles quizais o Rainbow Warrior, afundido en 1985 polos servizos de intelixencia franceses. A toma de decisións faise tendo en conta a maioría de sectores que conforman a súa estrutura interna, intentado que ninguén poida tomar decisións unilaterais non acordes coa maioría dos membros representativos.

Salvando as baleas

editar

Quizais as accións e imaxes máis coñecidas e recoñecidas de Greenpeace dende a súa fundación foron aquelas nas que se vían os activistas de Greenpeace interpoñer as súas lanchas, e as súas vidas, entre os arpóns dos barcos baleeiros e os cetáceos que estes querían capturar. Tras 14 anos de moratoria na caza de baleas, en setembro de 2003 o Rainbow Warrior II actuou de novo en augas de Islandia para impedir e denunciar a pretensión por parte do goberno deste país de continuar coa industria baleeira.

A finais do 2005 dous barcos da frota de Greenpeace, o MV Artic Sunrise e o MV Esperanza, comezaron a sucar os océanos da Terra durante un ano, denunciando os perigos que os axexan. A súa primeira acción foi interceptar a frota baleeira xaponesa e esixirlles que abandonasen inmediatamente o Santuario Baleeiro da Antártida.

  1. (en inglés) «The campaign group: Greenpeace» BBC News. Consultado el 1 de marzo de 2015.

Véxase tamén

editar

Ecoloxía

Ligazóns externas

editar