Francisca Herrera Garrido
Francisca Herrera Garrido, nada na Coruña o 6 de marzo de 1869 e finada na mesma cidade o 4 de novembro de 1950,[1] foi unha escritora galega, primeira muller elixida académica na Real Academia Galega. En 1987 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de marzo de 1869 A Coruña, España |
Morte | 5 de novembro de 1950 (81 anos) Provincia da Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | escritora, poetisa, novelista |
Membro de | Real Academia Galega (académica de número) (1945–1950) Real Academia Galega (membro correspondente) (1916–1950) |
Xénero artístico | Poesía, novela |
Premios | |
| |
Día das Letras Galegas de 1987 |
Traxectoria
editarNada na rúa do Príncipe, nunha familia da alta burguesía coruñesa. Foi filla de Manuel Herrera Hernández e Josefa Garrido Matos, filla esta de Andrés Garrido, un banqueiro local. Viviu na súa cidade natal até agosto de 1909, cando marchou cunha irmá a Madrid, volvendo no verán e no Nadal a Galicia, concretamente en Oleiros ata que no transcurso da guerra civil española volveu definitivamente á Coruña.
Foi sempre fondamente relixiosa e conservadora, destacando nos seus ataques ás mulleres feministas que loitaban por conseguir o sufraxio feminino. Igualmente, nos seus textos deixa claras as diferenzas de deberes e dereitos entre señores e campesiños.
Veciña, alumna e amiga de Rosalía de Castro, foi unha escritora autodidacta aínda que segue o estilo literario daquela. Escribiu case toda a súa obra en galego así como algunhas novelas en castelán (Pepiña, Réproba e Familia de lobos) e a súa temática céntrase no ruralismo, a muller como nai, e a renuncia feminina. A súa obra amosa unha gran riqueza lingüística, cun galego rico e coidado.[2]
Foi a primeira muller en ser nomeada membro numerario da Real Academia Galega, o 4 de marzo de 1945, ocupando o lugar de Lisardo Rodríguez Barreiro, que morrera en 1943. Non chegou a ler o seu discurso de ingreso, sobre Rosalía e os poetas da raza, polo atraso inexplicable do presidente da Academia en mandarllo ao académico Antonio Couceiro Freijomil, para que redactase a resposta, e a demora deste para entregala na Academia, cousa que non fixo ata o 28 de febreiro de 1949.[3]
A súa traxectoria comezou a recoñecerse ao serlle dedicado o Día das Letras Galegas do ano 1987.[4]
Obra
editar- Sorrisas e bágoas (poemario en galego; Madrid, 1913).
- Almas de muller... ¡volallas n'a luz! (poemario en galego; A Coruña, 1915).
- Frores do noso paxareco (poemario en galego; ¡Terra a Nosa! nº 11, A Coruña, 1919).
- Néveda (novela en galego, 1920). Despois incluída na Biblioteca de Autores Galegos e na Biblioteca das Letras Galegas.[5]
- "A muller galega" (ensaio; Nós, 15 de agosto de 1921; escrito en Oleiros o 28 de marzo de 1916).[6]
- A ialma de Mingos (novela en galego; Editorial Céltiga, 1922).
- Pepiña (novela en castelán, Editorial Marineda, Madrid, 1922).
- Martes de Antroido (novela en galego; Lar, 1925; portada de Camilo Díaz).
- Réproba (novela en castelán, 1925).
- A neta de naipera (novela en galego; Nós, 1925).
- Familia de lobos: la novela del obrero (novela en castelán, 1928).
Galería de imaxes
editar-
Casas de Francisca Herrera (esquerda) e Rosalía (dereita) na rúa do Príncipe, A Coruña.
-
Francisca Herrera Garrido, 1920.[7]
-
Martes d'Antroido. Lar. 1925.
-
Tumba no cemiterio de S. Amaro.
Notas
editar- ↑ Couceiro Freijomil 1952, p. 221.
- ↑ Carballo Calero 1975, p. 494-495.
- ↑ "Rosalía de Castro. Discurso de recepción da Ilustrísima señora dona Francisca Herrera Garrido e resposta do excelentísimo señor don Antonio Couceiro Freijomil". A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ "Figuras homenaxeadas". RAG. Consultado o 28/2/2019.
- ↑ Vilavedra 2000, p. 326.
- ↑ Blanco 1986.
- ↑ Vida Gallega, 25/11/1920, p. 22
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Herrera Garrido, Francisca". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 194.
- "Especial Francisca Herrera Garrido". Festa da Palabra Silenciada (Vigo) (3). xaneiro de 1986. ISSN 1139-4854.
- Alonso Montero, Xesús (1997). Os poetas galegos e Franco. Akal. ISBN 84-460-0839-4.
- ——— (2006). "Epistolario en galego dunha miñaxoia de dereitas". Os escritores galegos ante a guerra civil española. Galaxia. ISBN 978-84-8288-979-5.
- Blanco, C. (1986). "O antisufraxismo e a condición feminina en "A muller galega"…". Grial (Galaxia) (92): 147–162. ISSN 0017-4181.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 494–495. ISBN 84-7154-227-7.
- Casares, C. (1987). Francisca Herrera Garrido. Vida e obra. Escolma de textos. A Coruña: Publicacións da RAG. ISBN 84-600-4996-5.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1952). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 221.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 205. ISBN 84-7492-465-0.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. pp. 212–213. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Noia Campos, María Camino (1981). "Limiar". Néveda. Biblioteca das Letras Galegas. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-450-2.
- —————— (2005). "Herrera Garrido, Francisca". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Ríos Panisse, C. (1985). "Néveda, primeiro acerto lingüístico e estilístico na novela galega". Grial (Galaxia) (90): 475–486. ISSN 0017-4181.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 288. ISBN 84-8288-019-5.
- ——————, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 326–328. ISBN 84-8288-365-8.
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Francisca Herrera Garrido |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisca Herrera Garrido |
Mulleres nas Letras: de onte a hoxe Deputación da Coruña |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Real Academia Galega Arquivado 02 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- Ficha da autora na Biblioteca Virtual Galega.
- Nicolás, Ramón (17/3/2014). "Manuscrito: Francisca Herrera Garrido" Caderno da crítica.
- Vilavedra, Dolores (2006): "Francisca Herrera, a primeira académica electa da RAG" Álbum de Mulleres.