Lar (editorial)

editorial e revista galega

Lar[1][2] foi unha editorial da Coruña, continuadora da Editorial Céltiga, que publicou con periodicidade irregular, de 1924 a 1928, unha colección de novelas curtas. Estaba dirixida por Leandro Carré Alvarellos e administrada por Ánxel Casal. Os cinco primeiros números editáronse na imprenta Moret. A capa da colección estaba deseñada por Camilo Díaz Baliño. Cesou en 1928, dando paso á Editorial Nós.

Lar
Tipoperiódico e editorial
Data de fundación1924
Fundador(es)Leandro Carré Alvarellos
SedeA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]
Publicidade da época.

Publicacións editar

No seu primeiro número, publicado en decembro de 1924, incluía a novela A miña muller, de Wenceslao Fernández Flórez.

No segundo número, publicado o 20 de decembro de 1924, incluía a novela O anarquista, de Leandro Pita Romero.

 
O Mariscal. 1926. Ediciós Lar.

No terceiro número, publicado o 3 de xaneiro de 1925, incluía a novela O pastor de doña Silvia, de Aurelio Ribalta.

Posteriormente publicáronse as seguintes obras de novela curta:

 
Carné de correspondente de LAR.

Amais, no eido do teatro: O corazón d'un pedáneo, de Leandro Carré Alvarellos e O Mariscal de Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte; e no da poesía: No desterro de Ramón Cabanillas, entre outras.

Notas editar

  1. GEG: LAR, Editorial Editorial fundada na Coruña en novembro de 1924 baixo a dirección de Leandro Carré Alvarellos e de Ánxel Casal...
  2. EGU: Editorial Lar Empresa editorial fundada na Coruña en novembro de 1924... e Lar PUBLIC Publicación literaria editada na Coruña a partir do 29 de novembro de 1924...
  3. Antón Piruleiro é o título da portada. No interior do libro leva o antetítulo de Como son os do Grorioso.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar