Lois Carré Alvarellos

etnógrafo e escritor galego

Lois Galo Vicente Carré Alvarellos, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1898 e finado o 26 de abril de 1965, foi un etnógrafo e escritor galego.

Lois Carré Alvarellos
Nome completoLuis Galo Vicente Carré y Alvarellos
Nacemento22 de xaneiro de 1898
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento26 de abril de 1965
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónetnógrafo e escritor
PaiUxío Carré Aldao
IrmánsGonzalo Carré Alvarellos, Uxío Carré Alvarellos e Leandro Carré Alvarellos
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fillo de Uxío Carré Aldao, fixo o servizo militar en Madrid, onde se matriculou en Maxisterio pero abandonou a carreira e comezou a traballar como administrativo na Sociedad General Gallega de Electricidad, que en 1943 pasou a formar parte de Fenosa.

Carré fixo algunhas achegas relacionadas coas investigacións etnográficas, breves incursións na novela curta (publicadas co pseudónimo de Luís G. Vicencio), estudos ao abeiro da literatura popular e o ensaio Manuel Curros Enríquez: A súa vida e súa obra, editado en 1953 por Ediciones Galicia, do Centro Gallego de Buenos Aires.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega[1] e pertenceu como especialista no conto popular á asociación alemá Märchen der europäischen Völker.[2]

Obra Editar

  • O consentimento, 1926 (novela), Lar.[3]
  • Alevamento, 1928 (novela), Lar.[4]
  • Manuel Curros Enriquez. Súa vida e súa obra. Ensaio bio-bibliográfico, 1953.[5]
  • Romanceiro popular galego de tradizon oral, 1959, Junta de Provincia do Douro Litoral, Porto.
  • Contos populares da Galiza, 1968.
  • Murguía, o patriarca. Estudo bibliográfico do grande home, (inédita) publicación prevista maio de 2023, Alvarellos Editora[6]

Galería de imaxes Editar

 
Uxío Carré cos seus fillos, de esquerda a dereita Gonzalo, Leandro, Eugenio, Luis e Carlos.
Uxío Carré cos seus fillos, de esquerda a dereita Gonzalo, Leandro, Eugenio, Luis e Carlos. 
 
Romanceiro popular galego de tradizon oral.
Romanceiro popular galego de tradizon oral. 
 
O consentimento.
O consentimento
 
Alevantamento.
Alevantamento

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar