Gonzalo Carré Alvarellos
Gonzalo Carré Alvarellos, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1891, foi un deportista e xornalista galego.
Gonzalo Carré Alvarellos | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nacido | 24 de xaneiro de 1891 | ||
Lugar | A Coruña | ||
Falecido | valor descoñecido | ||
Lugar | A Coruña | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Fillo de Uxío Carré Aldao e de Purificación Alvarellos Pena, foi irmán de Xosé, Uxío, Leandro e Lois Carré Alvarellos. Foi pai das escritoras María del Pilar Carré e May Carré.
Comezou a xogar como futbolista no Reina Victoria en 1905, e xogou tamén no FC Galicia e no María Pita. Desde 1908 foi comentarista deportivo no diario El Noroeste, e foi nomeado vicesecretario da Federación Galega de Fútbol. Foi un dos organizadores da primeira Volta ciclista a Galicia en 1933, e entre 1955 e 1972 estivo na directiva da Federación Galega de Atletismo.
Recibiu a medalla de ouro ao mérito atlético da Federación Galega de Atletismo, a medalla de prata da Federación Española de Atletismo (1960) e a de bronce da Delegación Nacional de Educación Física y Deportes (1965). Foi xuíz nacional e honorario da Real Federación Española Atlética.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externasEditar
- Gonzalo Carré Alvarellos en Galegos.info.