Editorial Céltiga

editorial galega

Céltiga foi unha editorial creada polas Irmandades da Fala de Ferrol en 1921 co obxectivo de publicar obras galegas en prosa, cubrindo así o baleiro que se observaba respecto á relativamente ampla produción poética. Pechou durante a ditadura de Primo de Rivera en 1923.

Editorial Céltiga
Tipoeditorial
Data de fundación1921
Data de disolución1923
Fundador(es)Irmandades da Fala
SedeFerrol
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

O equipo directivo estaba formado polo fundador e director Xaime Quintanilla Martínez, o secretario Fiz Álvarez do Castelo, o administrador Manoel Morgado e o xerente Ramón Villar Ponte.

Contou como colaboradores cos personaxes máis representativos e máis comprometidos do momento coa defensa do galego como lingua de cultura: Vicente Risco, Castelao, Antón Villar Ponte, Antón Losada Diéguez, Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz-Andrade, Eladio Rodríguez González etc.

 
Almas mortas, de Antón Villar Ponte, ilustrado por Camilo Díaz Baliño.

As primeiras obras publicadas foron Alén do propio Quintanilla; Trebón de Armando Cotarelo Valledor; Mal de moitos e Trato a cegas de Euxenio Charlón e Manuel Sánchez Hermida. A partir de marzo de 1922 co subtítulo de "Novela mensual ilustrada" publicáronse 13 títulos, entre eles Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete de Castelao; Saudade de Quintanilla; A i-alma de Mingos de Francisca Herrera Garrido; A Santa Compaña, de Roberto Nóvoa; ou Almas mortas de Antón Villar Ponte. Os libros que editaba levaban portadas debuxadas por artistas do talle de Castelao, Camilo Díaz Baliño, Imeldo Corral ou Álvaro Cebreiro. Tamén se publicaron nesta editorial libros de contos de Eugenio Montes e de Evaristo Correa Calderón.

A ditadura de Miguel Primo de Rivera acabou coa editorial ordenando o seu peche en 1923. Nese momento estaba preparando a publicación de A trabe d'ouro e a trabe d'alquitrán, de Vicente Risco, que finalmente foi editado por Lar, sucesora de Céltiga. En total publicou 16 títulos cunha tiraxe media de 3000 exemplares [1].

  1. Ernesto Vázquez Souza (2003) A fouce, o hórreo e o prelo: Ánxel Casal ou o libro galego moderno, Sada: Eds. do Castro, p. 286.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar