Abrir o menú principal

Euxenio Charlón

dramaturgo galego

Euxenio Charlón Arias, nado en Santa Cecilia de Trasancos (Ferrol) o 14 de novembro de 1887 e finado o 4 de agosto de 1930, foi un escritor teatral galego.

Euxenio Charlón
Nacemento14 de novembro de 1887
 Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol
Falecemento4 de agosto de 1930
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndramaturgo
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Con catorce anos ingresou na Escola de Artes e Oficios de Ferrol, e entre os anos 1901 e 1906 compaxinou os estudos de Aritmética, Xeometría e Debuxo co traballo de ebanista. Casa en 1911 con Teresa Viñas coa que tivo seis fillos.

Participou na fundación da Irmandade da Fala de Ferrol e na do coro Toxos e Froles, e foi un dos primeiros impulsores do teatro en galego. Gran amigo do seu compañeiro de estudos e profesión, Manuel Sánchez Hermida, así os define Carvalho Calero:

Foron dous artistas de Ferrol que disfrutaron un tempo de grande popularidade. Socios entusiastas do laureado coro local Toxos e Froles, compuxeron pasos e sainetes que podían sempre ser interpretados por dous actores soamente. Eles mesmos daban a coñecer así as súas pezas.

Xuntos compuxeron Mal de moitos e Trato a cegas. Ademais, Charlón escribiu en solitario a comedia Carmela e o sainete Tumbos de feira, así como letras para cancións das corais.

Véxase taménEditar