Xesús Fernández González
Xesús Fernández González, nado en Chantada[1] en 1870 e finado en Santiago de Compostela o 28 de xaneiro de 1928,[2] foi un escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1876 Chantada, España |
Morte | 28 de xaneiro de 1928 (51/52 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Membro de | |
Traxectoria
editarFoi sarxento no Batallón Cazadores de La Habana. Colaborou en Gaceta de Galicia e dirixiu en 1900 Las Riberas de Chantada.[3] Secretario do Círculo Católico de Obreros de Chantada en 1905,[4] foi propagandista do deputado Javier García de Leaniz. Colaborou en El Norte de Galicia, El Regional, La Región e Letras Regionales e foi redactor e administrador de El Eco de Santiago. Foi oficial do Concello de Redondela; funcionario de educación, traballou como oficinista na Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela. Cando pechou en setembro de 1924, foi destinado á Escola Normal de Valladolid, aínda que ao mes seguinte foi agregado á Secretaría da Universidade de Santiago de Compostela.[5] En 1921 gañou o certame literario na honra de Armando Palacio Valdés organizado polo Círculo San Fernando de Cádiz coa novela Lo que Dios quiere.[6] En 1925 obtivo o premio de novela curta de El Diario Español de Buenos Aires coa obra Dios te deje ir con bien.[7] Foi correspondente da Real Academia Galega.
Vida persoal
editarCasou en Santiago de Compostela con Pastora Vázquez Cobas en 1899[8] e foi pai de María de la Paz e Alfonso Fernández Vázquez[9].
Obras
editarEn castelán
editar- Lucha de sentimientos.
- Prosa de la vida, 1901.
- Pinceladas, 1909[10].
- Senda de amargura, 1910[11]. Publicada como folletín en Diario de Galicia en 1918.
- La resignada, 1920.
- Montero-Ríos, 1920.
- Alborada, 1922.[12]
En galego
editarEscribiu en galego unha única obra, a novela Como son os do grorioso. Antón Piruleiro,[13] publicada na colección Lar en 1925.[14]
Notas
editar- ↑ Aínda que Couceiro Freijomil di que naceu en Lugo, o resto dos seus biógrafos e as novas da prensa confirman que era natural de Chantada.
- ↑ El Compostelano, 28-1-1928, p. 3.
- ↑ Gaceta de Galicia, 12-1-1900, p. 2.
- ↑ El Norte de Galicia, 19-8-1905, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 8-10-1924, p. 10.
- ↑ El Ideal Gallego, 13-11-1924, p. 3.
- ↑ El Compostelano, 7-11-1925, p. 3.
- ↑ Gaceta de Galicia, 28-3-1899, p. 1.
- ↑ El Compostelano, 3-10-1930, p. 3.
- ↑ El Eco de Galicia, 5-2-1909, p. 1.
- ↑ El Eco de Galicia, 28-8-1910, p. 1.
- ↑ Nela, ocasionalmente, os personaxes populares se expresan en galego.
- ↑ Antón Piruleiro e o título da portada. No interior do libro leva o antetítulo de Como son os do Grorioso.
- ↑ Iglesias, Xabier. Os libros de Ánxel Casal 29/8/2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xesús Fernández González |
Bibliografía
editar- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-390-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 216. ISBN 84-8288-019-5.