Lois Carré Alvarellos

etnógrafo e escritor galego
(Redirección desde «Luís G. Vicencio»)

Lois Galo Vicente Carré Alvarellos, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1898 e finado o 26 de abril de 1965, foi un etnógrafo e escritor galego.

Infotaula de personaLois Carré Alvarellos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Luis Galo Vicente Carré y Alvarellos Editar o valor em Wikidata
22 de xaneiro de 1898 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de abril de 1965 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónetnógrafo , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiUxío Carré Aldao Editar o valor em Wikidata
IrmánsGonzalo Carré Alvarellos, Uxío Carré Alvarellos e Leandro Carré Alvarellos Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Uxío Carré Aldao, fixo o servizo militar en Madrid, onde se matriculou en Maxisterio pero abandonou a carreira e comezou a traballar como administrativo na Sociedad General Gallega de Electricidad, que en 1943 pasou a formar parte de Fenosa.

Carré fixo algunhas achegas relacionadas coas investigacións etnográficas, breves incursións na novela curta (publicadas co pseudónimo de Luís G. Vicencio), estudos ao abeiro da literatura popular e o ensaio Manuel Curros Enríquez: A súa vida e súa obra, editado en 1953 por Ediciones Galicia, do Centro Gallego de Buenos Aires.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega[1] e pertenceu como especialista no conto popular á asociación alemá Märchen der europäischen Völker.[2]

Obra editar

  • O consentimento, 1926 (novela), Lar.[3]
  • Alevamento, 1928 (novela), Lar.[4]
  • Manuel Curros Enriquez. Súa vida e súa obra. Ensaio bio-bibliográfico, 1953.[5]
  • Romanceiro popular galego de tradizon oral (1959; Porto: Junta de Província do Douro Litoral)
  • Contos populares da Galiza (1968; Porto: Museu de Etnografia e História)
  • Murguía, o Patriarca. A biografía inédita de 1953 (2023; Alvarellos Editora).[6]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Membros da Academia. Correspondentes
  2. Vilavedra 1995.
  3. Iglesias, Xabier (27/10/2012). "O consentimento". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 
  4. Iglesias, Xabier (28/4/2013). "Alevamento". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 
  5. Carré Alvarellos, Luis (1953). Manuel Curros Enriquez. Súa vida e súa obra. Ensaio bio-bibliográfico. Buenos Aires: Ediciones Galicia. 
  6. Murguía, o Patriarca. A biografía inédita de 1953 na páxina web da editorial.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar