Abrir o menú principal

Xan Pla Zubiri

rexistrador e escritor galego

Juan Pla Zubiri, nado en Viveiro o 13 de febreiro de 1874 e finado en Manresa en abril de 1936, foi un rexistrador e escritor galego.

Xan Pla Zubiri
Juan Pla Zubiri 1917.jpg
Nacemento13 de febreiro de 1874
 Viveiro
Falecementoabril de 1936
 Manresa
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid e Universidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Juan Pla Sampedro. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Valladolid onde se licenciou. Aprobou as oposicións a rexistrador da propiedade e foi destinado á Pobra de Trives en 1905, onde casou con Estrella Cortiñas. Posteriormente foi rexistrador de Negreira (1908), A Guarda, Xixona, Igualada (1929) e Manresa (Provincia de Barcelona). Colaborou en Heraldo de Vivero e El Vivariense e publicou poemas en Eco de Galicia, Galicia Moderna e Vida Gallega.

ObrasEditar

  • Letra da música "Morriña, melodía gallega" do compositor Ricardo Courtier.[1]
  • A tola de Covas, 1917, Madrid (poesía), con prólogo de Antonio Rey Soto.[2]
  • Desengano, abril de 1926, A Coruña (prosa), n.º 20 da colección Lar.[3]

NotasEditar

  1. Biblioteca Digital Hispánica Biblioteca Nacional de España.
  2. Establecimiento tipográfico "La Itálica". Calle de Velarde, número 12.
  3. Iglesias, Xabier (25/11/2012). "Desengano". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar