O lobo da xente

obra literaria de Vicente Risco

O lobo da xente é un relato de Vicente Risco, publicado en 1925 na revista-editorial Lar.

O lobo da xente
Autor/aVicente Risco
CubertaCamilo Díaz Baliño
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Relato fantástico
EditorialLar
Data de pub.1925
FormatoTapa branda
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

Nun outono, preto de Trives, un rapaz de Sobrado está a apañar follas de castiñeiro para estercar. Un veciño recoméndalle que marche para casa porque anda pola comarca o lobo da xente. Un lobo que nos últimos tempos atacara varias persoas.

Xa na casa Ánxel atranca a porta e acende a lareira, pero ao cabo nota que comezan a rañar na porta. Ao pouco asoma unha gadoupa de lobo, e escóndese. O lobo ole a estancia, e cando pensa que está só tira a pelella e baixo dela aparece unha rapaza nova e fermosa vestida cunha camisa. Ánxel aproveita un despiste dela para botar a pelella no lume, e entón ela explícalle que a liberou dun meigallo. A súa nai, viúva, casara con outro home e este intentara abusar da rapaza; ela defendeuse cortándolle unha man co fouciño, e a nai botouna da casa e botoulle o malfado de convertela en lobishome. Finalmente, Ánxel e a moza acaban casando.

Narración editar

O souto onde andaba o Ánxel era pecho e sombrizo, cuberto o chan de herba verde entre a que medraban gamóns, estraloques, póutegas e chouparros, flora das terras húmidas...

Ao comezo do texto aparece un narrador en primeira persoa, trasunto do propio autor, explicando que a historia lla contaron por certa e que pasara haberá coma cincuenta ou sesenta anos. O relato en si ten características propias da literatura oral. O narrador asume a voz dos dous protagonistas e alterna diálogos.

Vicente Risco desenvolveu o tema da licantropía no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, que tivo lugar o 23 de febreiro de 1929. O discurso, titulado Un caso de lycantropía (O Home-lobo), desenvolve o caso de Manuel Blanco Romasanta, o lobishome de Allariz (1809-1863).

Edicións editar

A obra apareceu por vez primeira publicada en 1925 na revista-editorial Lar xunto co conto A trabe de ouro e a trabe de alquitrán. Despois foi incluída en varias escolmas ou canda a outros textos narrativos do autor. En 1972 Editorial Galaxia editou o relato xunto á súa novela O Porco de Pé con ilustracións de Xohán Ledo, e en 2004 editou o relato na escolma A trabe de ouro e outros contos.

En 2009 o relato foi adaptado a banda deseñada por Xosé Manuel Rodríguez Moxom, publicado pola Fundación Vicente Risco[1].

Notas editar

  1. "Xosé Manuel Rodríguez Moxom. O lobo da xente", artigo no blog Revolta da freixa, 28 de agosto de 2013.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar