Ánxel Romero Cerdeiriña

notario, escritor e político galego

Ánxel Romero Cerdeiriña, nado en Riós o 3 de decembro de 1901 e finado o 22 de febreiro de 1987, foi un notario, escritor e político galego.

Ánxel Romero Cerdeiriña
Nacemento3 de decembro de 1901
Lugar de nacementoRiós
Falecemento22 de febreiro de 1987
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónnotario e escritor
CónxuxePilar Monroset Guillén
FillosPilar Romero Monroset
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
O karma de Farruco Filgueira. Lar. 1926.

Formado en Ourense con Marcelo Macías e Antón Losada Diéguez, estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela onde foi presidente da tuna compostelá e compañeiro de Fermín Bouza-Brey.

Foi socio fundador do Seminario de Estudos Galegos. Colaborou en Nós, Lar e Lareira, e publicou en 1926 a novela curta O karma de Farruco Filgueira. Posteriormente aprobou oposicións e estableceuse como notario.

Foi candidato nas Eleccións Xerais de 1931 e Eleccións Xerais de 1931 por Acción Republicana, partido de Manuel Azaña.

Dirixiu o Lar Gallego de Valencia e a súa publicación: Lareira (1950-1953).[1] Foi correspondente da Real Academia Galega.[2]

En 1977 acordouse a súa xubilación forzosa como notario de Madrid por ter cumprida a idade regulamentaria.[3]

ObrasEditar

  • O karma de Farruco Filgueira, 1926, Lar.[4]
  • La inscripción de la posesión y la inmatriculación registral, 1935.
  • Estudios sobre el Derecho hereditario, 1947.
  • Actos de disposicón sobre gananciales; un parche reglamentario, 1949
  • En torno al concepto del derecho hereditario. "La última moda", 1950
  • La transformación de las sociedades y la Ley de arrendamientos urbanos, 1975.

NotasEditar

  1. Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II. Galaxia. p. 284. ISBN 84-8288-137-X. 
  2. Membros da Academia. Correspondentes
  3. BOE n.º 13, de 15/1/1977, p. 1032
  4. Iglesias, Xabier (1/1/2013). "O karma de Farruco Filgueira". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar