Acción Republicana
Acción Republicana foi unha agrupación política progresista e republicana fundada por Manuel Azaña en 1925, durante a Ditadura de Primo de Rivera, que constituíu o seu primeiro Comité Nacional en 1930, presidido por Azaña,[1] para converterse en partido político tras unha asemblea xeral celebrada en Madrid, en maio de 1931.[2] Entre os acenos de identidade do partido, destacaban o autonomismo, o compromiso coa reforma agraria e a reforma do Exército.

Como grupo integrado na Alianza Republicana, participou no Pacto de San Sebastián para derrocar a Monarquía de Afonso XIII, e implicouse na construción e consolidación da II República. Formou parte do Goberno Provisional que se fixo cargo do país tras a saída de España do Rei.
Obtivo 30 deputados nas eleccións xerais de 1931, e enseguida converteuse, a pesar da súa relativamente escasa forza parlamentaria, nunha formación central dos Gobernos da República ata 1933, liderados polo seu presidente, Manuel Azaña.
Tras a derrota dos republicanos de esquerda nas eleccións dese ano, nas que Acción Republicana só obtivo 10 escanos, o partido fusionouse con outros grupos republicanos (como a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e o Partido Republicano Radical Socialista en 1934) para formar Izquierda Republicana, baixo o liderado de Azaña.
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Avilés Farré, Juan (2006). La izquierda burguesa y la tragedia de la II República (PDF) (en castelán). Madrid: Consejería de Educación de la Comunidad de Madrid. ISBN 84-451-2881-7.
- Barrio Alonso, Ángeles (2004). La modernización de España (1917-1939). Política y sociedad (en castelán). Madrid: Síntesis. ISBN 84-9756-223-2.
- González Calleja, Eduardo (2005). La España de Primo de Rivera. La modernización autoritaria 1923-1930 (en castelán). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-4724-1.
- Juliá, Santos (2009). La Constitución de 1931 (en castelán). Madrid: Iustel. ISBN 978-84-9890-083-5.