Abrir o menú principal

Marcelino Domingo Sanjuán, nado en Tarragona o 25 de abril de 1884 e finado en Tolosa (Francia) o 2 de marzo de 1939, foi un mestre, xornalista e político español da Segunda República.

Marcelino Domingo
Marcelino Domingo.JPG
Nacemento25 de abril de 1884
 Tortosa e Tarragona
Falecemento2 de marzo de 1939
 Tolosa, Francia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
IrmánsPere Domingo i Sanjuán
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Naceu e creceu en Tarragona, onde obtivo o título de Mestre en 1903. Ese ano trasladouse a Tortosa, onde empezou a exercer a docencia e entrou en contacto cos ambientes republicanos.

Inicio a carreira en 1909, cando foi elixido concelleiro republicano de Tortosa. A súa influencia nos círculos republicanos consolidouse coa súa entrada no Consello Xeral da Unión Federal Nacionalista Republicana (UFNR), e a súa posterior elección como deputado en Cortes, nas eleccións de 1914.

A súa actividade política foi en aumento durante a Restauración e a ditadura de Primo de Rivera. Participou na creación do Bloc Republicà Autonomista (BRA) en 1915, que despois evolucionou cara o Partit Republicà Català en 1917. Foi uno dos protagonistas da Asemblea de Parlamentarios e da preparación da folga xeral revolucionaria impulsada en 1917 polo PSOE e a UGT, entre outros. Domingo foi o principal propulsor da proposta de autonomía para Cataluña, rexeitada polas Cortes monárquicas en 1918, e impulsou tamén a efémera plataforma republicana Alianza de Izquierdas (1921-1923), na que se integrou o PSOE.

Militou no Partido Republicano Radical ata 1929 cando encabezou unha escisión do sector máis progresista que fundou o Partido Republicano Radical Socialista, do que se converteu en líder. Dirixindo o PRRS, participou en 1934, xunto con Manuel Azaña (Acción Republicana) e Santiago Casares Quiroga (ORGA), na creación de Izquierda Republicana.

Marcelino Domingo foi ministro de Instrución Pública durante o bienio esquerdista e no primeiro goberno da Fronte Popular.

ObrasEditar

  • En la calle y en la cárcel, 1921.
  • La isla encadenada, 1923.
  • El burgo podrido, 1924.
  • Autocracia y democracia, 1926.
  • On va Catalunya?, 1927.
  • Libertad y autoridad, 1928.
  • Una dictadura en la Europa del siglo XX, 1929.
  • ¿A dónde va España?, 1930.
  • ¿Qué espera el rey?, 1930.
  • La escuela en la República, 1932.
  • La experiencia del poder, 1934.
  • La Revolución de Octubre, 1935.
  • Homenaje a D. Marcelino Domingo Primer ministro de Instrucción Pública de la República Española, 1936.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Carod-Rovira, Josep-Lluís: Marcel·lí Domingo (Tarragona 1884-Tolosa 1939): de la escuela a la República. Tarragona: Ediciones El Médol, 1990.
  • Marcel·lí que torna. Tortosa: Amigos del Ebro; Tarragona: Autoridad Portuaria de Tarragona, 1995.
  • Pujadas Martí, Xavier: Marcel·lí Domingo i el marcel·linisme. Barcelona: Publicacions de la Abadía de Montserrat, 1996.
  • Rius i Barberà, Aurora: Marcel·lí Domingo i Sanjuan : Tarragona 1884 - Tolosa de Llenguadoc 1939." A: 20 Tarraconeses del siglo XX. Tarragona : Diario de Tarragona, 1987.
  • Sànchez Cervelló, Josep: Marcel·lí Domingo i Sanjuan: Un llegat cristal·lí per a la República i per a Catalunya, a: Cuatro líderes tarraconenses de la República y el exilio. Tarragona: Arola Editors, 2007.
  • Subirats Piñana, Josep: Marcel·lí Domingo per ell mateix. Barcelona: Columna, 1995.

Ligazóns externasEditar