Autonomismo territorial
O autonomismo ou autonomismo territorial é unha doutrina política cuxo obxectivo é manter ou obter a autonomía política dun determinado territorio, sexa unha nación ou rexión. Non é necesariamente contrario ao federalismo. Pola súa banda, o soberanismo implica por definición autonomismo, mais o autonomismo non ten forzosamente que ir acompañado de soberanismo.
No Estado español existen diversos movementos autonomistas. Por un lado, o concepto de estado das autonomías implica un autonomismo de facto que se aplica aos máis dos territorios. Ademais, nas nacionalidades históricas, principalmente Cataluña, Galicia e País Vasco, esta doutrina política ten especial peso.