María do Carmo Ríos Panisse
María do Carmo Ríos Panisse, nada en Santiago de Compostela o 18 de maio de 1946, é unha filóloga galega.
María do Carmo Ríos Panisse | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1946 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | filóloga e profesora |
Nai | María del Portal Panisse |
Cónxuxe | Antón Santamarina |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Filla da química e farmacéutica María del Portal Panisse, Graduouse en Filosofía e Letras en 1968 na Universidade de Santiago, coa tese Vida mariñeira de Sada. Contribución pra un estudo lingüístico, e doutorouse en 1973 coa tese Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia.
Foi profesora de Lingua e Literatura galegas no IES Rosalía de Castro de Compostela desde 1981 até a súa xubilación en 2006. Participou na Agrupación Cultural O Galo de Santiago e no Instituto da Lingua Galega, para o que colaborou na creación do proxecto do tesouro lexicográfico galego.
En 1973 participou no Atlas lingüístico de los marineros peninsulares dirixido por Manuel Alvar.
Casou con Antón Santamarina, e foi nai de Cibrán e Duarte Santamarina Ríos.
ObraEditar
- Vida mariñeira de Sada. Contribución pra un estudo lingüístico (Verba. Anuario Galego de Filoloxía vol. 1, 1974).
- Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces (Verba. Anejo nº 7, 1977).
- Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas (Verba. Anexo nº 19, 1983).
A maiores publicou numerosos artigos en diferentes revistas como Grial ("Contos da miña terra (1864), primeira edición do conto galego atribuído a Rosalía de Castro", 1995)[1], Dorna ("Consideracións didácticas sobre a literatura galega: o problema do funcionamento do texto literario nunha situación lingüística e cultural non normalizada"[cando?]) ou no Anuario de Estudios Literarios Galegos, e relatorios sobre lingua e literatura galegas publicados en distintos libros en homenaxe a Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro.
No libro Os séculos escuros, coordinado por Anxo Tarrío (Hércules de Ediciones, A Coruña, 2000), foi a responsable dos capítulos dedicados ó Prerrexurdimento e ós inicios do Rexurdimento. É tamén autora de edicións críticas de Devalar, de Otero Pedrayo (1992), e Obra poética dispersa de Xoán Manuel Pintos Villar (2006).[2][3]
NotasEditar
- ↑ Ríos Panisse, M. C. (abril-xuño de 1995). "Contos da miña terra (1864), primeira edición do conto galego atribuído a Rosalía de Castro". Grial (Galaxia) (126): 257–280.
- ↑ Rede de Bibliotecas de Galicia.
- ↑ "Carme Ríos Panisse recupera a poesía de Pintos Villar nunha edición crítica", La Voz de Galicia, 15/3/2007.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Fernández Rei, Francisco et al. (2005). "Ríos Panisse, María do Carme". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.