Non te amola!

obra literaria de Xela Arias

Non te amola! é un libro de Xela Arias, de dezaseis capítulos, o único de narrativa da poeta. En 2021 foi publicado en dúas edicións distintas: en edición non venal polo Consello da Cultura Galega, con limiar de Rosario Álvarez Blanco, estudo de Ana Iglesias da Universidade de Vigo e sete ilustracións de Bea Gregores,[1] e, no mesmo ano, pola Editorial Galaxia, con ilustracións de Luz Beloso, na colección Libros para Compartir.[2]

Non te amola!
Autor/aXela Arias
Ilustrador/aBea Gregores
Luz Beloso
Cuberta
Luz Beloso
Linguagalego
Xénero(s)narrativa
EditorialConsello da Cultura Galega
Editorial Galaxia
Data de pub.2021
FormatoTapa dura
ISBNISBN 978-84-17802-30-1
ISBN 978-84-9151-604-0
editar datos en Wikidata ]
Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro.

— Xela Arias, Non te amola! (Galaxia).

Índice editar

Componse de 16 capítulos:[3]

  • "Agora na primavera fixen nove anos"
  • "Andei investigando que facer"
  • "Meu avó Pedro baixaba na bicicleta"
  • "Vou contar de min"
  • "Mandáronme coa tía Irene"
  • "O avó Manuel pelexou cos lobos"
  • "Esa navalla de mango negro"
  • "A neve é friísima"
  • "Os avós van ser coma o cine"
  • "Non sei por que se empeñan en saber"
  • "Os meus pais cumpriron a súa palabra"
  • "Carlota quere facerse tendeira"
  • "Hai un monstro no váter"
  • "Estivemos na festa da alameda"
  • "Vou ser vella"
  • "Pensei que escribir un libro podía ser unha causa ben inútil"

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar