Viceversa (revista)

Viceversa é unha revista galega de ámbito universitario que recolle e analiza traballos sobre a tradución en Galicia.

Viceversa
PaísEspaña
Lingualingua galega
Primeira edición1995
Circulación
ISSN1135-8920
Na rede
http://webs.uvigo.es/webatg/viceversa/viceversa.htm
Dialnet: 6779
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Publícase dende 1995, poucos anos despois da creación dunha licenciatura de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo.

Canto aos contidos, salientar que recolle a produción científica dos dita licenciatura, así como traballos de personalidades da tradución e outros documentos de interese para os estudantes de Tradución e tamén de Filoloxía Galega.

No organigrama figura unha dirección, unha secretaría, un consello de redacción e mais un comité asesor.

A edición e publicación corre a cargo da Asociación de Tradutores Galegos e o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da universidade viguesa.

Puntualmente colabora a Consellaría de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

En 2014 o director da revista era Alberto Álvarez Lugrís.

Estrutura

editar

Consta de cinco apartados ou seccións:

  • Historia e teoría da tradución
  • Instrumenta
  • Traducións xustificadas
  • Críticas e recensións
  • Informacións

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar