Anxo Xoán Rajó Pazó
Anxo Xoán Rajó Pazó, nado en Vigo o 23 de setembro de 1973, é un profesor e escritor galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1973 (51 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Vigo Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | docente, escritor |
Traxectoria
editarComezou Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo e rematou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.
Impartiu clases de Lingua Galega e Literatura en varios institutos galegos, pasando a Baiona en 2022 no CPI Cova Terreña.[2]
Foi coordinador de literatura na Enciclopedia Galega Universal (EGU)[3] e coordinador xeral do Diccionario Enciclopédico Galego Universal (DEGU) en Ir Indo Edicións.
Colaborou na revista da Sociedade para o Estudo e a Conservación do Patrimonio Natural e Etnográfico de Galicia.[4]
É membro da fundación Premios da Crítica Galicia. Colabora coa Aula Castelao de Filosofía[5] e coa Asociación Maragatacasa, centro interpretativo sobre os maragatos en Lourenzá.
Editou no Centro Ramón Piñeiro Contos do turreiro de Avelino Rodríguez Elías.[6] Tamén colaborou no Diccionario de galego de Ir Indo.
Publicacións
editar- Ramón Otero Pedrayo (2009 ). Vigo: Ir Indo, Galegos na Historia. 64 páxs. ISBN 978-84-76806418.[7]
- Xela Arias. Poeta e tradutora (2021). Vigo: Ir Indo. 100 páxs. ISBN 978-84-7680-759-0.
- Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura (2023). Con Xosé Luís Franco Grande. Vigo: Ir Indo. ISBN 987-84-7680-777-4. Anxo Xoán Rajó actualiza e amplía a edición feita en 2000 por Franco Grande.[8][9]
- Luísa Villalta. A música e a poesía na mesma persoa (2024). Vigo: Ir Indo. ISBN 978-84-7680-787-3.[10]
Publicacións colectivas
editar- Unidade didáctica de Cabo Udra: documento educativo centrado nos principais valores deste espazo medioambiental da Rede Natura 2000 (2009). Vigo: Estela D.L. Con Miguel A. Fernández-Martínez e Álvaro Castro Baliña.
- Mergúllate en Ons!: documento educativo centrado nos principais valores deste espazo natural pertencente ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (2011). Vigo: Estela D.L. 54 páxs. Con Miguel A. Fernández-Martínez.
- Natureza nos camiños de Pontevedra (2011). Vigo: Estela D.L. 72 páxs. ISBN 978-84-939724-2-4. Con Miguel A. Fernández-Martínez e Esther Gómez Álvarez.
- Guía de campo da natureza dos camiños de Galicia (2011). Vigo: Estela D.L. 72 páxs. ISBN 978-84-939724-0-0. on Miguel A. Fernández-Martínez.
- Guía dos nosos bosques (2011). Vigo: Estela D.L. 72 páxs. ISBN 978-84-939724-1-7. Con Álvaro Castro Baliña.
Notas
editar- ↑ Technologies, BiblioEteca. "ANXO XOAN RAJO PAZO en BiblioEteca". BiblioEteca (en castelán). Consultado o 2021-05-23.
- ↑ R. Sotelino, Begoña (2021-05-04). "Xela Arias, para estudantes e máis alá". La Voz de Galicia. Consultado o 2021-05-23.
- ↑ "EGU - Enciclopedia Galega Universal". EGU - Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 2023-05-08.
- ↑ "ASOCIACIÓN SOCIEDADE PARA O ESTUDO E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL E ETNOGRAFICO Voluntariado Galego". voluntariadogalego.org. Consultado o 2021-05-23.
- ↑ "Aula Castelao de Filosofía". Consultado o 2023-05-09.
- ↑ "Recuperación de textos literarios e xornalísticos galegos". www.cirp.es. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-23.
- ↑ "La editorial Ir Indo publica una biografía del ourensano Otero Pedrayo con la colaboración de la Diputación". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-06-03. Consultado o 2021-05-23.
- ↑ "A biografía de Franco Grande sobre Fernández del Riego crece da man experta de Anxo Rajó". La Voz de Galicia. 2023-04-29. Consultado o 2023-05-08.
- ↑ culturagalega.org (2023-05-03). "Ramón Nicolás asina unha biografía para Xerais e Anxo Rajó actualiza para Ir Indo a que fixera Franco Grande". culturagalega.org. Consultado o 2023-05-08.
- ↑ culturagalega.org (2024-05-08). "Ir Indo e La Voz de Galicia presentan cadansúa obra sobre a autora". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2024-05-13.